Novas por contido

No DOG do 10/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Convócanse para o día 26 de marzo de 2025, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, nº 20 de Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados

Á realización desta proba de aptitude física están convocadas todas as persoas solicitantes de postos que teñan ese requisito indispensable así como, cautelarmente, as persoas excluídas ou non incluídas na listaxe de persoas admitidas ao concurso que poidan optar aos ditos postos.

De acordo co establecido no punto primeiro da Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), as persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba. Co obxecto de verificar a validez deste certificado, as persoas convocadas deberán achegalo a través do procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza. 

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...