Novas por contido

No DOG do 28/03/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 3, 5, 9 e 35 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 3, 34, 36, 37, 43, 54, 54B, 66, 71, 94, 98 e 101 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

- RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 20, 21, 24, 25, 34 e 37 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro).

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da paxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...