Novas por contido

No DOG do 28/04/2025 a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso selectivo pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría de ordenanza do persoal da Corporación, nunha praza reservada para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación (http:// www.crtvg.gal/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de vinte (20) días hábiles.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...