Novas por contido

No DOG do 04/06/2025 o Consello Económico e Social de Galiza publica:

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 1 (dirección do Departamento de Xestión), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos:

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org

- RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1, dirección do centro de documentación e apoio ao consello, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (anunciada no Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos:

A baremación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org. Fan pública, de acordo co disposto na base V.2 da convocatoria, a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo do Consello Económico e Social: https://www.ces-galicia.org. Propoñen o nomeamento como persoal laboral fixo da persoa aspirante que superou o proceso selectivo e que figura no anexo III desta resolución.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...