Novas por contido

No DOG do 17/07/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Feita a corrección na sesión do 10 de xullo de 2025, publican as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ás probas tipo test dos procesos selectivos que se citan, no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/promocionespecifica/convocatoria-exames

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...