Novas por contido

No DOG do 17/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan os aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais exixidas aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas escalas e especialidades do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Convocan as persoas aspirantes que achegaron o certificado médico para a realización da proba física Field test, que teñen número de orde para ser chamadas para algunha das seguintes especialidades das listas elaboradas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo:

– Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal-xefe de brigada.

– Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba.

– Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal.

A proba física Field test realizarase os días 21 e 22 de xullo no Estadio Municipal Vero Boquete, sito na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lazaro, en Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

A relación definitiva de persoas exentas e a relación de aspirantes convocados á realización da proba física relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural. xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

Nesta relación indícanse os días e horas en que cada un dos aspirantes deberá presentarse no lugar indicado no punto anterior para a realización das probas físicas.

Convocan as persoas admitidas na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades emisorista-vixilante/a fixo/a das listas do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a realización da proba visual que terá lugar en: – Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela.

– Data: 23 de xullo de 2025. 

A relación de aspirantes convocados á realización da proba visual relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencionincendios

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...