Novas por contido

No DOG do 04/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 28 de novembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 98, do 23 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 28 de novembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...