Novas por contido

No DOG do 05/11/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo derivada do proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, e clasificación na escala técnica de facultativos, especialidade traballo social.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...