Novas por contido

No DOG do 19/12/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 do grupo I, na categoría 39 do grupo II, na categoría 100 do grupo III, nas categorías 32 e 33 do grupo IV e nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocados polas ordes do 18 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galiza número 182, do 25 de setembro) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).

Modifícase o prazo de elección de destino, que comezará o día 22 de decembro e finalizará o día 30 de decembro de 2025.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...