Novas por contido

No DOG do 22/01/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de xaneiro de 2026 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade condutor motobomba, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 44, do 4 de marzo) e pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 170, do 3 de setembro).

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...