Novas por contido

No DOG do 09/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se publica o resultado da proba física pendente dunha persoa aspirante.

Outras novas recentes

Mércores, 01 Abril 2026

Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores: apertura da elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 01/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Xoves, 26 Marzo 2026

O PLADIGA 2026 mantén conxelado o persoal propio e afonda na externalización do operativo de alto risco

A Xunta non aumenta persoal para a extinción de lumes O PLADIGA 2026 non incorpora ningunha praza nova de persoal propio da Xunta para a extinción de lumes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Mantén exactamente os mesmos efectivos que en 2025: 276 brigadas de terra e 12 brigadas helitransportadas. Nin máis persoal técnico, nin bombeiro, nin...
Martes, 24 Marzo 2026

Onde están as 35 horas na Xunta? Oito anos sen avances

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais. Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade...