Novas por contido

No DOG do 13/03/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026 pola que se convocan cursos de formación para persoal de Sociedade Pública de Investimentos de Galiza, S.A., Fundación Cidade da Cultura de Galiza, Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U., Galiza Calidade, S.A.U., Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., Corporación de Servizos Audiovisuais de Galiza e Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

SPI Galicia, FCC, Seaga, XesGaliza, Galiza Calidade, Retegal, CSAG e Sogama indicarán á EGAP o persoal que realizará esta formación que será previamente seleccionado por orde de solicitude ata esgotar a totalidade das prazas ofertadas.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...