Novas por contido

No DOG do 17/03/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor ou xerocultora, e corpo administrativo, escala de persoal de servizos xerais (PSX), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Solicitude de mesa de negociación por vixilancia de estradas

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas. O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no...
Luns, 20 Abril 2026

Situación dos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF

Resolución do Tribunal Supremo sobre os recursos do proceso de estabilización O Tribunal Supremo (TS) vén de comunicar o rexeitamento a trámite, por razóns formais sen entrar no fondo, dos recursos presentados tanto pola CIG como pola Xunta de Galiza en relación cos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF. Esta decisión ten como consecuencia inmediata que a...
Venres, 24 Abril 2026

Escala técnica de orientación laboral: previsión de publicación da resolución de adxudicación de destinos

Na comisión de persoal do 24/04/2026, preguntamos en que estado se atopa o proceso de elección de destino da escala técnica de orientación, dado que o día 04/04/2026 se publicou no DOG a convocatoria de elección de destino. A directora xeral anunciou que unha vez revisado todo se publicará nas vindeiras semanas (2 ou 3 semanas como moito).