Novas por contido

No DOG do 03/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de la Xunta de Galiza do 25 de maio de 2026 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático xustifícase polas obrigas derivadas do Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galiza en materia de ordenación e xestión do litoral, e polo Decreto 50/2025, do 30 de xuño, polo que a Comunidade Autónoma de Galiza asume as funcións e os servizos traspasados pola Administración xeral do Estado en materia de ordenación e xestión do litoral.

Xustifícase tamén polas modificacións derivadas do Decreto 106/2025, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...