Novas por contido

No DOG do 14/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026 pola que se modifica a Resolución do 3 de xullo de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 125, do 7 de xullo) pola que se convocan para a elección de destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidades de medicina, psicoloxía e pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional e educador social; no corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, escala técnica de gobernantes/as, especialidade de gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.

Acórdase modificar a data de inicio do prazo de elección de postos, que comezará o martes, 14 de xullo e rematará o xoves, 16 de xullo, ambos incluídos.

En aplicación da xurisprudencia establecida polo Tribunal Supremo, entre outras, na sentenza número 495/2026, do 23 de abril de 2026, na que se establece o criterio favorable ao recoñecemento da adscrición definitiva ao posto de traballo en determinados supostos, procede realizar a modificación do anexo I e o anexo II da antedita resolución nos termos establecidos nesta resolución.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...