Novas por contido

No DOG do 30/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal) e 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 30 de xaneiro).

- RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocado pola Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 30 de xaneiro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas na aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp), indicando o NIF e marcando a opción Ver os meus datos.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.
Martes, 24 Novembro 2026

A Administración actúa como polo sen cabeza coas tomas de posesión

Por fin rematou a toma de posesión convocada no DOG do 11 de novembro de 2026, a toma de posesión en escalas de persoal funcionario que ía ocupar maioritariamente postos en centros de destino das Consellerías de Educación, Política Social, Medio Rural e Medio Ambiente. Podíamos imaxinarnos que nada ía saír ben tendo como referencia a toma de posesión convocada en agosto,...