Novas por contido

Somentes un día despois de comunicar nos medios de comunicación que non se amortizarían postos de traballo cubertos (La Opinión, 19 de maio de 2016), a Xunta de Galiza ratifica nunha xuntanza coas organizacións sindicais a proposta de amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral.

Non só resultan falsas as afirmacións realizadas na prensa polo goberno galego de que só se propón a amortización de prazas non ocupadas, senón que, nunha clara aposta pola destrucción de emprego público, a administración galega, cunha actitude unilateral e pouco dialogante segue adiante coa súa proposta de despedimentos e amortizacións que a CIG xa rexeitou hai un ano e que voltou a ser rexeitada de xeito unánime por todos os sindicatos presentes na xuntanza mantida o pasado día 20 de maio. 

No Centro Galego de Artes da Imaxe, a Xunta de Galiza pretende facer un recorte de máis do 40% das plazas con que conta este centro para o desempeño das súas funcións habituais, e o que resulta aínda máis alarmante, o despedimento do 50% do persoal que actualmente, e dende hai máis de trece anos, se encarga da operación cinematográfica e audiovisual, así como do apoio técnico da área de proxección cinematográfica, elemento vital de cara ó normal funcionamento do centro.

Neste senso, cumpre lembrar que o CGAI é o único centro dotado das últimas tecnoloxías en proxección técnica e cinematográfica, sendo un referente nas filmotecas nacionais e internacionais e que dá soporte ao conxunto do audiovisual galego. 

De seguir adiante con este disparate, froito do descoñecemento total e da falta de respeto da administración galega pola traballo desenvolvido, toda esta actividade quedará nas únicas mans dun só técnico especializado. Calquera persoa, aínda sen ser experta no audiovisual ou nas quendas ou labores cotiás dunha filmoteca, pódese percatar da enorme e inasumíbel carga de traballo que vai ter que soportar o único empregado que vai ficar ao cargo das citadas funcións.

Coa amortización de gran parte dos postos de traballo que sustentan o traballo realizado ao longo destes 25 anos de historia do CGAI, a Xunta de Galiza inicia o desmantelamento encuberto dun servizo público á cidadanía como é o dereito de acceso á cultura. O desprecio do goberno galego pola cultura en xeral e pola memoria audiovisual colectiva de todo un pobo é indigno e reflexa a falta de autoestima dos nosos gobernantes.

Resulta inadmisíbel que o goberno do Sr. Feijóo, apelando a un aforro irreal con pretensións electoralistas, permita esta desfeita cultural que terá como consecuencia un dano irreversíbel á cultura e ao audiovisual galegos, ademais de supor un maior custo económico no caso da posible externalización dun servizo actualmente 100 % de carácter público. 

Dende a CIG denunciamos unha vez máis a destrucción de emprego público e o ataque a unha institución vital para o noso país e que camiña cara a privatización ou, no peor dos casos, cara a súa desaparición.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...