Novas por contido

A orde do día e o seu desenvolvemento:

1.Debate e estudo da posibilidade de modificar o apartado segundo da instrución cuarta das instrucións para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda, no relativo á posibilidade de empregar as listas do Decreto 37/2006, no suposto de renuncia do remudista

Nesta semán FP recabará opinión das distintas consellarías e, posiblemente, a fins da mesma haxa unha resposta favorable que permita a inmediata modificación da instrución cuarta para o emprego das listas do decreto 37.

2.Debate e estudo da posibilidade de tras a xubilación ordinaria do titular da praza, a persoa remudista continúe prestando servizos.

A administración alega a imposibilidade xurídica desta opción xa que o ET regula o contrato do remudista que ten que estenderse ata a data da xubilación ordinaria do titular como así consta en dous apartados do seu contrato de traballo; ademais, de darse este suposto, abriríase a posibilidade de recurso por fraude de lei na contratación e a súa transformación en indefinido non fixo.

3.Debate e estudo da denegación da Seg.social á xubilación parcial do persoal laboral temporal.

Ata o de agora houbo catro xubilacións parciais anticipadas de traballadores temporais non fixos. A dirección provincial do INSS en Lugo, diante da presentación dun expediente de xubilación parcial anticipada dunha traballadora con contrato de interinidade, 410, negou o seu dereito co literal “...ha informado a la trabajadora que no cumple los requisitos de acceso a la jubilación parcial pretendida al estimarse que los trabajadores que prestan servicios en unha administración pública con un contrato de interinidade no pueden acceder a la jubilación parcial desde esta situación” (02/05/2016).

Esta decisión de Lugo foi asumida polas demais delegacións provinciais de Galiza e do resto do estado español polo que a partires de agora tódalas peticións de xubilación parcial de traballadores e traballadoras que non teñan a condición de laborais fixos serán rexeitadas.

As OO.SS estudaremos a posibilidade de manifestar unha discrepancia conxunta, diante da dirección xeral do INSS, por entender que tódolos traballadores teñen os mesmos dereitos con independencia da súa relación contractual.

Agora mesmo, diante desta negativa o/a traballador/a deberá recorrer ao Xulgado do social.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...