Novas por contido

Chapuza para consolidar a rebaixa retributiva de 17 postos de traballo

Na mesa sectorial celebrada o pasado venres día 14/11 evidenciáronse as costuras rotas do Acordo de concertación social do emprego público de Galiza, asinado pola Administración da Xunta mais CC.OO e UXT,  no que  a funcionarización do persoal laboral se refire.

Dezasete postos de traballo de persoal laboral III-99 cunhas retribucións brutas  anuais, sen antigüidade, que van dos 23.896 € aos 26.845,26 €, son propostos para a súa integración no subrupo C2 con niveis de CD14 e CE16, os que se corresponden ca retribución anual de 23.896 € e, os de maior retribución xa que teñen un plus máis, son propostos para o subgrupo C2 niveis de CD17 e CE17.

Pois ben, nos dous supostos de integración, os postos de traballo terán unha rebaixa retributiva entre 2.900 e 3.100 euros anuais.
O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza, no seu art. 9.2 garante o mantemento das retribucións para aquel persoal que se manteña no posto obxecto da funcionarización; agora ben, no momento que quede vacante, estes postos terán unha perda retributiva de 3.000 €.

No caso daqueles postos afectados nos que se realizaba traballo noctuno, esa diferenza se verá incrementada xa que o novo persoal que ocupe estes postos non percibirá o plus de nocturnidade que ata de agora era dun 30% adicional do valor da hora de traballo para o período de traballo entre as 22.00 e as 6.00 horas. 

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...