Novas por contido

Publicado no DOG do 03/10/2016 a Resolución pola que se resolve o concurso para a provisión de postos da escala superior e técnica do corpo de estatísticos, convocado no DOG do 25/01/2016. O cesamento deberá efectuarse o día 4 de outubro. O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes.

Outras novas recentes

Xoves, 09 Outubro 2025

O Supremo pronúnciase sobre o conflito colectivo das tarefas de PSX

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...
Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...