Novas por contido

A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar.

A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi convocado o 5 de decembro de 2023 leva dous anos de atraso, a pesar de ser pequeno, xa que so outorga 132 destinos. Agora a Administración non fixa data de toma de posesión e condiciona a incorporación á finalización dun proceso selectivo de acceso libre que aínda non completou nin a fase de concurso de méritos. Trátase dunha decisión sen fundamento técnico e que non responde ao criterio de simultanear concursos cos procesos de estabilización.

Deste xeito, o adiamento mantén bloqueado ao persoal que obtivo destino. Esiximos que o proceso selectivo de axentes técnicos ambientais ten que axilizarse para cubrir as numerosas vacantes canto antes, un non ten que por freo a outro. Esta situación é froito da improvisación e a lentitude de Emprego Público que unha vez mais é lesivo para o persoal.

Trece anos sen mobilidade: unha situación insostible

O último concurso destas escalas convocouse pola Orde do 28 de novembro de 2012. Dende aquela, o persoal acumula máis de trece anos sen poder exercer o dereito á mobilidade nin progresar profesionalmente como está a suceder con moitas outras escalas da administración, unha situación insostible. Dende a CIG-Autonómica denunciamos este novo freo á mobilidade e á promoción profesional do persoal empregado público e esiximos a habilitación inmediata da toma de posesión.

Dous anos para resolver un concurso de 132 prazas e unha oposición de 96

A Xunta tardou 24 meses en resolver un concurso de dimensión reducida e, unha vez resolto, paralízao sen nova data. O mesmo pasa co proceso selectivo que xa leva dous anos e aínda lles quedan varias fases por rematar. Esiximos que axilicen e rematen xa con esta oposición! 

Procedemento Data convocatoria Estado a decembro 2025
Concurso de traslados Axentes Ambientais/Forestais (C1/C2)  05/12/2023 Resolto con 132 prazas, toma de posesión bloqueada
Oposición Axentes Técnicos Ambientais (Grupo B – acceso libre) 21/11/2023 En fase de concurso-méritos, sen data final


A desorganización da Xunta esténdese ás RPT

A Administración segue sen adaptar as relacións de postos de traballo o que podería impedir a toma de posesión do persoal do proceso selectivo atrasando aínda máis a súa resolución. O proceso está convocado como axentes técnicos ambientais do grupo B, e malia a fraude de rebaixar ao C1 mediante a disposición adicional quinta da LEPG, deben incorporarse a postos abertos ao grupo B para evitar conflitos xurídicos. Na CIG-Autonómica esiximos a modificación inmediata das RPT para abrir os postos de axentes ao grupo B.

Persoas interinas das escalas de axentes ambientais sen estabilización

O número real de vacantes acumuladas permanece oculto pola Administración, pero sabemos que hoxe superan as 150 e moitas delas están cubertas por persoas interinas sen que tiveran procesos de estabilización reais.

Os procesos selectivos da escala de axentes técnicos ambientais, convocados con prazas das OEP de 2020 (18), 2022 (38) e 2023 (40) avanzan con tal lentitude que, mesmo sen novos atrasos, precisariase xa da convocatoria doutra oposición sen ter rematada ista.

A nefasta xestión de Emprego Público coas escalas de axentes ambientais fai que as persoas que ocupan os postos sempre vexan lesionados os seus dereitos!

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...