Novas por contido

A Resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG n.º 44, do 4 de marzo 2016), establece na súa instrución 14.4 o dereito a dous días adicionais de asuntos particulares cando  os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo.

A Consellería de Política Social interpreta a súa maneira esta resolución e denega ao persoal dos seus centros os dous días adicionais de asuntos particulares que se conceden ao resto do persoal da Xunta de Galiza. Así, a Subdirección Xeral de Persoal da Consellería de Política Social enviou, a través das xefaturas territoriais, a seguinte nota de rexime interior:

«Seguindo as instrucións da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería de Política Social, este apartado refírese unicamente a oficinas públicas nas que se traballe o 24 e 31 de decembro e os centros non teñen consideración de oficina pública. Polo tanto, para todo o persoal dos centros, a pesar de que os días 24 e 31 de decembro son sábado, o número de días por asuntos particulares é de 6. Só terán dereito ao goce de ata dous días adicionais de asuntos particulares o persoal dos centros que efectivamente traballe o 24 e/ou 31 de decembro».

A xuízo da CIG, a decisión da Consellaría de Política Social de denegar ao persoal dos seus centros o gozo dos dous días adicionais de asuntos particulares que se conceden ao resto do persoal laboral da Xunta de Galiza constitúe unha discriminación carente de toda base ou xustificación xurídica.

Para rematar con esta discriminación a CIG presentou CONFLITO COLECTIVO na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a Xunta de Galiza para reclamar o dereito do persoal que presta servizos nos centros de atención directa da Consellería de Política Social a dous días adicionais de asuntos particulares en 2016 e nos anos sucesivos en que cadren en sábado ou domingo os días 24 e 31 de decembro.

A demanda afecta inicialmente ao persoal laboral dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social, coa intención de estendela a todas as consellarías nas que tamén se estea a denegar o dereito.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...