Novas por contido

A Xunta de Galiza leva 8 anos incumprindo o convenio colectivo para o persoal laboral da Administración galega e negándose reiteradamente a convocar a mesa de funcións para definir as mesmas en todas as categorías, tal e como recolle o convenio, e agora pretenden eliminar todas as funcións de dito persoal para crear categorías que “fagan de todo”.

Por unha banda, e tendo unha categoría que se chama coidador/a xeriátrico, pretenden crear unha categoría nova, coa denominación de xerocultor/a, polo que non sabemos a intención real desta actitude que o único que pretende é atomizar o servizo e crear persoal en diferentes categorías coas mesmas funcións.

Non queda aquí a intención da Administración galega, e en especial da Consellería de Política Social, a consellería do Goberno do Partido Popular que se leva caracterizado nestes derradeiros 8 anos en ser a consellería que máis dereitos sociais e laborais leva eliminado ao persoal ao seu servizo, na historia do goberno autonómico galego.

A Consellería de Política Social, coa necesaria complicidade da Dirección Xeral da Función Pública, pretende crear unha nova categoría chamada Persoal de Servizos Xerais, cunha funcións que o converterían en Chico/a para todo, tal e como demostra a súa propia proposta que recolle o seguinte:

a) Apoio á xestión Administrativa.
Tramitación de pedidos, rexistro de entrada de documentos, transcrición de informes, etc.
b) Recepción, portería, atención e información aos usuarios.
Atención aos usuarios, información aos usuarios, atención telefónica, etc.
c) Limpeza, lavandería, mantemento e apoio ás funcións xerais.
Apertura e peche dos centros, control das instalacións e vixilancia da limpeza dos mesmos, limpeza e mantemento das estancias e dos materiais, retirada de cueiros, montaxe e desmontaxe de cunas, lavandería do centro, etc..
d) Apoio en cociña e comedor segundo o centro e o tipo de servizo.
Elaborar e servir as comidas nos comedores

É dicir, a partir de agora xa non é necesario na Xunta de Galicia que exista persoal administrativo, nin de atención ao público, nin limpeza ou cociña. Un auténtico despropósito.

Pero este despropósito non remata aquí, senón que continúa, coa Lei de medidas fiscais e administrativas, onde crean as escalas de Xerocultor/a e de Persoal de Servizos Xerais, polo que a partir de agora xa non será necesario a cobertura de ningunha praza de administrativo, nin de subalterno, xa que unha única escala fará de todo.

Dende a CIG esiximos que se inclúan estas categorías nas categorías existentes no V convenio colectivo de xeito inmediato, e se deixe dende a Consellería de Política Social de maltratar ao persoal ao seu servizo, negando dereitos de continuo, e buscando a forma de desprestixiar aos profesionais ao seu servizo.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...