Novas por contido

As organizacións sindicais tivemos unha xuntanza o día 13 de xaneiro de 2017  coa Subdirectora Xeral do Patrimonio Natural na que se trataron cuestións relativas ao ata agora Servizo de Conservación da Natureza no que afecta as escalas de axentes medioambientais.

Achegamos tamén os arquivos coa avalición de riscos das tarefas de campo realizadas polo servizo de conservación da natureza e o seu  plan de acción (medidas correctoras propostras) para cada actividade que foron aprobados en outubro de 2015 e que non entregaron ata finais deste ano. Este documento é de obrigado cumprimento para a administración, que ten que proporcionar as solucións adoptadas. Hai que adecuar vehículos, impartir formación, protocolos, material de seguridade fronte as agresións...estes son uns poucos exemplos do que aínda esta sen facer, é decir TODO. Invitamoste a que botes unha ollada e a que te unas á CIG  en loita pola seguridade laboral e unhas condicións dignas de traballo. 

  1. Protocolo Vespa Veluntina. Denunciamos que se comezou o traballo sen a obrigada avaliación de riscos previa. Case un ano despois xa esta realizada pero falta a adecuación do material (mascarillas, kit anafilactico) e a formación e información en materia de prevención así como a entrega das fichas e manuais ao persoal que se vai facer nestes días segundo a sudirectora de biodiversidade.
  2. Gripe Aviaria. Constatada presenza solicitamos información detallada sobre a afección logo das instruccións da realización dunha “vixilancia pasiva” así como información dos riscos da enfermidade coa activación do protocolo de gripe aviaria se fose necesario. Afirman que este subtipo non é perigoso pero queremos que o definan e informen ao personal que traballa con animais.
  3. Adquisición vehículos, demandamos a substitución inmediata dos vehículos todorreo desvencellados asi como a formación dun parque móvil axeitado aás necesidades do traballo e en consonancia coa avalición de riscos. Con rotulación identificativa e luces prioritarias.
  4. Publicación da memoria anual no relativo ao traballo das escalas de axentes forestais e medioambientais.
  5. Inclusión dos axentes forestais e o nas publicacións do servizo de conservación (orde de caza e pesca e outras).
  6. A Directora Xeral comenta a posibillidade da  Inclusión dos axentes  no FACEBOOK e TWITER da Dirección Xeral.Tamen demandamos a participación do Gabinete de Comunicación de Prensa no que se refire á promoción das novasllo aportadas polos axentes medioambientais.
  7. Caducidade das emisoras actuais e necesidade de adquisición de emisoras TETRA. Proponse unha por grupo operativo que debe ser extensible a instalacións (Servizos provinciais, distritos, parques naturais…) e o resto de personal que fai funcións no campo.
  8. Central de avisos, convenio co 112 para o seu uso como centraliña de apoio e seguridade ademais da recepción de denuncias infraccións.
  9. Datos e chamadas abertas en todos os teléfonos móbiles dos axentes e resto persoal que ten tarefas de campo.
  10. Participación da consellería de medio ambiente na Uniformidade da escala integrada coa Consellería de Medio Rural coa Orde de uniformidade avanzada . Adquisición urxente de botas adecuadas as tarefas e uniformidade.
  11. Cobertura urxente das vacantes, insistimos na necesidade da cobertura de todas as vacantes de axentes e a reposuición das propostas para amortización.
  12. Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde da CMAOT  Aplicación do Plan de Acciónda Avaliación de Riscos realizada no 2015 das tarefas de campo para o personal de conservación da natureza e revisión de tarefas non avaliadas.
  13. Grupo B. Activación do proceso do grupo B que pasa pola dotación orzamentaria á Consellería de Educación para que inicie o proceso de formación dentro das acreditacións profesionais. Pídese o compromiso dende esta Dirección Xeral de promocionar.
  14. Medios materiais para a realización do traballo como botas de auga, badeadores, botas de montaña, chalecos refleitantes de verán (caza paspallás…) e outro material concreto para actividades e ou situacións determinadas (camaras de foto trampeo, gafas de seguridade de protección ocular, para a captura de aves feridas. Ademais adquisición do material de traballo descrito no Plan de Acción para minimizar os riscos laborais como pertegas, luvas longas, mascarillas axeitadas, lazo para captura de animais feridos, pinzas para captura de serpes.

 

Para mais información: contacta coa CIG.

Consulta a túa Avaliación de Riscos das tarefas de campo do servizo de conservación e o Plan de acción.

Pide no teu centro de traballo a avaliación do teu posto e a aplicación das medidas correctoras propostas, RECORDA: SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.

Un saúdo

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...