Novas por contido

Queremos denunciar, unha vez mais o abandono administrativo e de servizos públicos por parte da Xunta de Galiza na nosa comarca.

Unha comarca tan castigada económica e socialmente como é Ferrolterra, necesita unha verdadeira e profunda atención sociocomunitaria, e uns servizos públicos que faciliten sáidas á profunda crise social que padecen numerosos colectivos; ou cando menos que non empeoren a súa situación con voltas e reviravoltas administrativas, que crean expectativas que non van a ser satisfeitas na realidade.

Son coñecidos os casos de trámites burocráticos e administrativos que a poboación de Ferrol non pode realizar nos edificios administrativos da nosa cidade e ten que desprazarse ás distintas xefaturas territoriais de A Coruña:

-Un exemplo especialmente revelador da hipocrisía dalgunhas das "políticas sociais" e da ausencia de servizos da Consellaría de Industria o temos no deseño das axudas concebidas para aquelas persoas que teñen dificultades para enfrontar o pago da factura eléctrica. Estas persoa, que non poden facer fronte ao pago do recibo da luz ou mesmo se atopan con ameazas de curte do subministro, só poden acceder a axudas que se xestionan telematicamente. É dicir, deben dispor de acceso a internet, ordenador, aparello dixitalizador e certificado dixital. Como única alternativa quédalles concertar unha cita na Coruña e acudir aos servizos alí dispostos par solicitar esta axuda. Non se pode pagar o recibo pero hai que desprazarse a Coruña para solicitar axuda oficial.

-Outro servizo esencialmente ausente na nosa comarca é o da Axencia Tributaria Galega. As dependencias existentes desta Axencia en Ferrol son mínimas e as súas competencias excesivamente reducidas.

-Pero o maior abandono está nos temas relacionados cá consellería de Política Social. Primeiro, foi a supresión da Equipa de Valoración da Dependencia en Ferrol e o traspaso das súas funcións ás equipas de A Coruña. Despois no mes de xullo de 2016 crean unha nova equipa para solucionar os atrasos nas valoracións do EVO, pero esta equipa nace coxa pois non se dota dun/ha profesional médico/a que reduza os 14 meses de atraso non expedientes de discapacidade física.

Pero seguimos sumando desconsideración para os usuari@s pois o resto de persoal (psicóloga e traballadora social) non son nomeados até este mes de marzo de 2017, e non contan nin con un espazo físico nin con medios técnicos onde realizar o seu traballo de avaliación e informes, senón que ocupan as salas do persoal que están temporalmente valeiras. Ao conselleiro de Política Social que coñece a realidade do Edificio Administrativo e ten manifestado publicamente as súas prioridades de actuación na comarca, pedimoslle que remedia este problemas da súa consellería e que medie para contar con servizos administrativos de proximidade.

Por todo isto denunciamos á política de abandono da Administración Pública galega para cos seus administrad@s en Ferrol, as periferias necesitamos dunha específica e considerada atención. E reclamamos uns servizos públicos de calidade a altura das necesidades sociais existentes nesta comarca, que soluciones verdadeiramente os problema e non mareen @s usuari@s con trámites e demoras burocráticas por non dispor de todos os recursos necesarios para dar o servizo que se precisa.

 SERVIZOS PÚBLICOS E DE CALIDADE PARA TOD@S

Outras novas recentes

Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...