Novas por contido

Xuntanza da comisión de seguimento na cál o DXFP comenza detallando catro cuestións a tér en consideración pola parte social:
•    Achegarán modelo de solicitude.
•    Establecerán catálogo de funcións.
•    Determinan unhas 20 prazas vacantes para comenzar coa segunda actividade.
•    O/A traballador/a poderá solicitar a segunda actividade para o seu ámbito territorial ou calquér outro.

A CIG detallou as alegacións, ao derradeiro borrador de segunda actividade, das cales as máis salientábeis son as seguintes:
1. Eliminación do termo “peón” da denominación das categorías de bombeiro forestal máis bombeiro forestal conductor.
2. As tarefas ou funcións a desenrolar polo persoal, a título enunciativo e non limitativo, serán aquelas que veñen recollidas no Pladiga, no V C.C.Ú máis no propio acordo de bombeiros forestais, excluíndo polo tanto aquelas tarefas de extinción.

3. O destino nun posto en segunda actividade, non conlevará a ocupar unha praza vacante existente no SPDCIF. Non desexamos que iso aconteza xa que mermaría a efectividade do propio servizo nas propias tarefas de extinción.
4. Desbotamos a opción de catálogo de funcións, xa que éstas están recollidas na lexislación anteriormente citada, podendo engadir outras análogas ou complementarias, facendo especial mención a labouras de disuasión, formación para o propio colectivo ou outras tales como charlas e/ou cursos en centros de educación.
5. Rebaixamos os prazos cara a tramitación e resolución das solicitudes de segunda actividade.
6. Ao/Á adxudicatario/a dunha praza en segunda actividade será adscrito/a a un posto de nova creación, e sempre con carácter definitivo.
7. A praza que deixa o/a traballador/a ao acollerse a actividade deberá ser cuberta polos cauces regulamentarios (decreto de listas), en base ao recollido no acordo de bombeiros forestais. Ademáis, o/a traballador/a desenrolará o seu traballo na nova praza polo tempo que viña prestando no seu posto de orixe.
8. Os postos de carácter concreto deberán ser sempre postos de nova creación.
9. Eliminación da comisión de seguimento, xa que existe unha comisión encargada de velar polo cumprimento do recollido no acordo de bombeiros forestais e a súa segunda actividade.
10. O acordo non recolle a necesaria inclusión do persoal con limitacións prescritas (persoal non apto ou apto con restriccións), por sentenza xudicial ou resolución médica. A CIG ve necesario que o/a traballador/a nesta situación se acolla obrigatoriamente a segunda actividade, para que o servizo non se vexa aminorado en número de efectivos en tarefas de extinción.
11. A cobertura dunha praza de nova creación en segunda actividade deberá ser no mesmo ámbito territorial, dacordo co recollido no V C.C.Ú máis no acordo de bombeiros forestais, exceptuando a categoría de Bombeiro/a forestal oficial de defensa (IV.41), que é a totalidade do distrito forestal.
12. Creación de unidades de segunda actividade. Mantendo a adscrición territorial, con funcións de prevención máis loxística ó persoal que se acolla á segunda actividade deberá tér un/ha superior/a. Dito encargado/a deberá ser contratado polos cauces legalmente establecidos. En todo caso, o/a traballador/a poderá ser desprazado ata outro punto onde exista un responsábel, pero manténdolle a circunscrición de orixe coma punto de encontro.
13. Nos casos de funcións non recollidas, serán consideradas pola comisión de seguimento.

Logo das intervencións da parte social, o DXFP tratou de respostar a maior parte das alegacións dos sindicatos, concluíndo nas seguintes:
a). A cobertura será completa de tódolos postos que queden vacantes polo pase á segunda actividade.
b). Apto con restriccións. Profundizarían no asunto a continuación da aprobación do acordo de segunda actividade.
c). Persoal temporal. Estudarán si é viábel que os temporais (interinos) poidan acollerse á segunda actividade. Plantexan que inspección de traballo non lles deixa aplicar a xubilación parcial ao temporais.
d). Persoal 12 meses. Mellorará o servizo con máis contratacións, dacordo cos traballadores e traballadoras que se poidan acoller á segunda actividade.
e). As funcións serán as recollidas no convenio máis no Pladiga, podendo realizar algunha laboura de prevención en alto risco.
f). Quendas, de luns a venres, con xornadas de mañán ou tarde.
g). Respetarán o ámbito territorial, podendo o/a traballador/a solicitar outro ámbito.
h). O remate da relación laboral do/a aspirante contratado para a praza vacante virá determinado pola súa cobertura definitiva, en base aos procesos regulamentarios.
i). Revisarán os prazos que establecen para o inicio das solicitudes, tramitación e resolución do proceso de segunda actividade.
j). Mantemento da comisión de seguimento recollída no acordo.

O DXFP fixa unha nova xuntanza da comisión de seguimento para o venres, 2 de xuño, onde previsiblemente dará por pechado a negociación do acordo da segunda actividade, dando previamente traslado do número de prazas a ser precisas nun primeiro  momento, xunto a súa distribución por ámbitos, da valoración sobor do persoal con limitacións prescritas así como da aplicación ao persoal laboral temporal do acordo.

A CIG de momento está lonxe de dar o consentimento ao acordo, habendo diferenzas insalvábeis coa Función Pública máis Medio Rural coma a asignación de prazas vacantes ao persoal que se acolla a segunda actividade ou mesmo a non inclusión no acordo do persoal non apto ou apto con restriccións, aspectos fundamentais para unha mellora operatividade do servizo público de extinción de incendios forestais.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Mai 2025

O concurso específico deseñado pola Xunta será unha LD encuberta e personalizable

O martes 3 de xuño quedará aprobado, previsiblemente, o modelo de bases dos concursos específicos (CE), un documento que permitirá ás consellerías convocar cada un dos 800 postos de CE cando queiran (se é que queren), e con criterios tan flexibles que poderán “personificalos” posto a posto A proposta xa pasou en xaneiro pola Mesa Sectorial de Negociación, con apenas un día...
Mércores, 28 Mai 2025

Proposta modificación RPT ATRIGA e Facenda

Veñen de remitirnos as propostas de renovación de varias RPT: RPT ATRIGA. Documentación. RTP Facenda. Documentación. Estamos convocados o vindeiro mércores, día 04 de xuño, para comezar as negociacións polo que se tes algunha alegación que facer a estas propostas de renovación pregamos que contactes coa CIG      
Mércores, 21 Mai 2025

Relación definitiva de admitidas ao concurso de traslados de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias

No DOG do 21/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza,...