Novas por contido

Ofertarán prazas que non pasaron polo concurso en localidades con alta demanda de postos (como Vigo ou Ourense). E retirarán da oferta prazas que resultaron vacantes do concurso por estar ocupadas por persoal temporal ou en comisión de servizos.

Os procesos selectivos de corpos xerais de promoción interna (correspondentes á Oferta do ano 2012) e acceso libre POR FIN ESTÁN A PIQUES DE REMATAR. A elección de destino está prevista para a primeira semana de xullo aos de promoción interna de A2, C1 e C2; entre a terceira semana de xullo e a primeira de agosto os de libre (con C2 pendente dun informe xurídico); os de promoción interna de A1 poderían ir no medio.

Mentres chega o día, a Dirección Xeral de Función Pública enviounos a súa proposta de criterios de selección das prazas a ofertar atendendo as peticións dos outros sindicatos. A CIG non está conforme:

  • Retiran da oferta aquelas prazas vacantes tras o concurso que estean ocupadas por persoal temporal ou en comisión de servizo. 
  • Como non lles chegan as prazas, botan man de prazas de servizos centrais que non pasaron polo concurso.
  • Engaden prazas doutras localidades e que tampouco pasaron polo concurso e das que aseguran son de difícil cobertura.

Respecto das prazas que retiran por estar ocupadas por persoal interino, dicir que o acordo entre Administración de Estado e UGT, CCOO e CSIF afecta a prazas que leven vacantes tres anos. Estender sen límite os efectos do acordo é subtraer prazas ás persoas que teñen dereito a escollelas. En canto ás prazas ocupadas en comisión de servizo, non existe xustificación válida algunha máis que os problemas que ten a Administración derivadas das súas propias limitacións orzamentarias.

En canto a ofertar prazas que non pasaron por concurso cualificándoas de “difícil cobertura”, afirmamos que é MENTIRA que prazas de localidades como Vigo, Ourense e outras poidan ser así cualificadas. Sabemos que existe demanda de postos nesas localidades. Rexeitamos o argumento que manifestan de que quedaron sen adxudicar en comisión de servizo. Que un posto quede sen adxudicación en comisión de servizos non é por non existir demanda, senón polos atrancos que as consellerías poñen para entregar informes favorábeis á marcha do seu persoal debido a que despois estas últimas terán dificultades para cubrir os seus propios postos tanto por persoal interino como en comisión de servizos. Xa que logo, rexeitamos o argumento exposto e responsabilizamos ás políticas orzamentarias do propio goberno das dificultades para cubrir as vacantes.

Entendemos que o persoal que vai elixir destino estará interesado en que se lles oferten todas as vacantes, pasaran ou non polo concurso. Pero a CIG ten que velar tamén polos intereses do persoal que prestando servizos nunha localidade leva anos tentando moverse a outra. Por tanto, non podemos aceptar que se oferten prazas en localidades de alta demanda sen pasar previamente polo concurso de traslados.

A CIG enviou escrito á Dirección Xeral da Función Pública solicitando:

  1. Ter información de todas as vacantes coa situación individual de cada unha delas.
  2. Que oferten todos os postos base vacantes que pasaron polo concurso.
  3. Caso de non chegaren, que oferten postos base vacantes en localidades con baixa demanda que non pasaron polo concurso pero que foron ofertados en comisión de servizos sen que houbera solicitudes.
  4. Só ao final, postos base de localidades de baixa demanda, pasaran ou non polo concurso.

Para rematar, e pensando nas futuras ofertas de emprego, insistir no que reclamamos sen moito éxito: que se garanta permanecer na localidade ás persoas que aproban a promoción interna, se fai falla mediante a opción ou a reclasificación dos postos ou a participar no acto de elección de destino. Iso animaría a máis funcionarios e funcionarias a valorar máis interesante á promoción interna.

Outras novas recentes

Venres, 21 Febreiro 2025

Quen vai a facer a comida nos comedores escolares?

A CIG Autonómica ven de solicitar unha xuntanza urxente coa Consellería de Educación para que de solución a falta de esixencia de formación en cociña para a elaboración da comida nos centros escolares públicos. As cociñas e comedores públicos, nos que están incluídos os comedores escolares dos centros de ensino dependentes da Consellería de Educación, teñen a obriga de...
Venres, 21 Febreiro 2025

Carreira profesional de 2019: "non rectifico pero sigo enleando..."

Algún sindicato non só asinou acordos en 2019 que deixaban fóra a moito persoal, senón que seguiron asinando acordos sen que se restituíra o dereito a cobrar dende esa dataO acordo asinado no 2019 por CCOO, UGT e a Xunta, privaba ao persoal interino e temporal, e incluso ao laboral fixo do Consorcio, da carreira profesional.A CIG interpuxo unha demanda contra este Acordo...
Venres, 21 Febreiro 2025

Relación de admitidas ao concurso de traslados de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias

No DOG do 21/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza,...