Novas por contido

O pasado 4 de agosto foron aprobadas na Comisión de Persoal as bases das convocatorias dos procesos selectivos de persoal laboral por promoción interna e cambio de categoría derivados da Oferta de Emprego do ano 2016.

Os procesos selectivos aprobados foron:

  • Para o grupo IV: Auxiliar de enfermaría (IV-003) e Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (IV-003). As bases destes procesos contaron co voto favorable da CIG.
  • Para o grupo V: Camareiro/a-limpador, Axudante/a cociña (V-001), Bombeiro/a forestal (V-14), Bombeiro/a forestal condutor (V-14A), Vixiante fixo/a de defensa contra incendios forestais (V-10B) e Emisorista de defensa contra incendios forestais (V-10C). Para estes procesos a CIG votou en contra.

A promoción interna ven condicionada pola Oferta de Emprego do 2016 que chegamos a recorrer xudicialmente polo pacto ao que chegaron a Administración e os sindicatos CCOO, CSIF e UGT.

Recoñecemos que pode existir interese dalgúns traballadores e traballadoras na promoción interna ao grupo IV, pero non así ao grupo V. Ao noso entender, a promoción interna do grupo V é unha involución con respecto ao que dispón o V Convenio, xa que este xa lle permite ao persoal laboral cambiar de categoría dentro do seu propio grupo a través do concurso de traslados, mentres que con esta promoción interna do grupo V para conseguir ese mesmo cambio de categoría vai ser necesario superar un exame.

Ao tempo mantemos a nosa demanda de que os procesos de acceso libre que están pendentes de ser convocados teñen que selo de persoal laboral, tal e como está aprobado na OEP-2016. Rexeitamos que agora os queiran sacar de funcionarios.

Volvendo ao contido da proposta de bases de promoción interna, afirmamos que na negociación das presentes bases foron aceptadas case todas as nosas alegacións, cun resultado final que consideramos satisfactorio:

  • Para todas as categorías haberá un exame tipo test sobre un temario asumible. 
  • Foron tidas en consideración as alegacións da CIG aos temarios.
  • As categorías vinculadas co servizo de incendios terán a maiores unha proba física. Aceptaron publicar os parámetros de aptitude da proba.
  • A fase de concurso gañou peso respecto dos borradores iniciais.
  • A antigüidade, que tamén gaña peso, valórase por meses en troques de anos.
  • Na formación aceptaron modificar todo: valorarán os cursos de duración igual ou superior a 12 horas (inicialmente 20 h), sen caducidade (inicialmente só os dos últimos cinco anos), ampliaron as entidades formadoras válidas (a proposta inicial era reducida). Como grandes novidades, aceptan todos os cursos (non só unha selección deles), e a valoración da súa duración será por horas (ata agora facíano inxustamente por tramos de horas).


Estritamente, o que se votou na Comisión de Persoal foron as bases das convocatorias de promoción interna de persoal laboral, non foi a Oferta que seguimos a rexeitar, nin o proceso de libre, que esiximos sexa como persoal laboral. Entón, ao compartir a CIG as bases tería que votar a favor. Pero tendo en conta que a promoción interna ao grupo V é un fraude pois ao final non é máis que un concurso de traslados con exame, a CIG non pode apoiar os procesos do grupo V. Por contra, si valoramos interesante a promoción interna ao grupo IV, polo que estes procesos si que decidimos apoialos.

Mantemos a esixencia de que as convocatorias de acceso libre ás categorías de persoal laboral que xa constan na Oferta de Emprego do 2016, se manteñan como persoal laboral tal e como estaba previsto, non como persoal funcionario polos prexuízos que isto podería ocasionar a moitas persoas que poderían quedar fora da convocatoria.

Finalmente, insistimos na necesidade dunha planificación que contemple a convocatoria dun concurso de traslados para todas as categorías do persoal laboral e para todos os corpos e escalas de persoal funcionario, unha Oferta de Emprego con todas as vacantes existentes, tanto con acceso libre como con promoción interna separada, a redución da temporalidade e, finalmente, a negociación do procedemento para acabar con este dobre vínculo funcionario-laboral e o establecemento dun único vínculo de “empregado público”.

Outras novas recentes

Martes, 24 Marzo 2026

Aproban o novo PLADIGA 2026 sen negociar, una ano máis

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando...
Martes, 31 Marzo 2026

Convocatoria para a negociación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (13/04/2026)

O xefe da Área de Recursos Humanos da Axencia de Turismo de Galiza vén de convocarnos a unha xuntanza informativa previa á negociación na Mesa Xeral sobre unha proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza. A reunión terá lugar o luns 13/04/26 ás 11 h na sede na Axencia na Barcia, coa seguinte orde do día: 1. Información da proposta de modificación da RPT...
Martes, 24 Marzo 2026

Onde están as 35 horas na Xunta? Oito anos sen avances

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais. Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade...