Novas por contido

Segundo a información que envían dende algún dos sindicatos asinantes do Acordo de Estabilización, estes tiveron unha xuntanza con Función Pública, da que só CSIF da información, e na que se comezou a determinar que postos de traballo entran dentro dos requisitos do Acordo de Estabilización.

Dende a CIG denunciamos este tipo de reunións “segredas” e xa puxemos en mans da nosa Asesoría Xurídica esta cuestión.

Se asine ou non un acordo, o sindicato maioritario no ámbito da Función Pública galega ten que estar presente para que estas non sexan reunións ocultas e para que non se vulnere o establecido no Título III do EBEP, e VII da LEPG, así como o V Convenio Colectivo e toda a normativa laboral.

Non só non se nos convoca nin se nos dá información, senón que incluso se nos prohibe o acceso ao buzón de postos.

Queremos luz e taquígrafos e non negociacións segredas onde se ocultan os acordos e os criterios de determinación dos postos de estabilización. Por que se prohibe a nosa presencia? Que pretenden ocultar?

Temos afirmado en innumerábeis ocasións, que nunha Administración con máis de 4.000 interinos e temporais onde non hai procesos selectivos nin reposición de postos estruturais, ou se aborda este problema na súa globalidade ou convocar menos de 300 postos vai supoñer non querer solucionar nada no relativo á temporalidade do emprego público.

E o que tamén teñen que ter en conta aquelas persoas que vexan o seu posto neses listados, sen que se saquen todos os postos vacantes, é que a eses postos pode concorrer calquera persoa que cumpra os requisitos, e que se lle vai puntuar o tempo traballado nesa categoría, corpo ou escala a todo aquel que prestase servizos, sexa temporal, indefinido ou interino, en calquera Administración Pública, pero os postos que van sair para a toma de posesión dos que aproben van ser única e exclusivamente os do listado.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...