Novas por contido

E CSIF, CCOO e UGT mirando para outro lado

Despois de asinar estes sindicatos un Acordo de Estabilidade, que non de mellora do Emprego Público, a Xunta saca unha microoferta de emprego, onde non hai nin estabilización nin practicamente promoción interna.

Esta OEP é produto deste Acordo de Estabilidade que asinaron CCOO, UGT e CSIF, aínda que pretendan agora desvincularse, votando en contra desta OEP na Comisión de Persoal, xa que o acordo abrangue as ofertas de emprego ordinarias e extraordinarias, tanto de estabilización como de promoción interna no período 2017-2020.

Aínda é máis grave o asunto porque a Administración ten paralizadas as Ofertas de Emprego dos anos 2015 e 2016, as dúas practicamente sen executar, polo que a do 2017 é un fascículo máis das OEP's coleccionabeis.

 

BLACK FRIDAY co número de prazas

Das 14.750 prazas que aparecen no Acordo a Xunta oferta a irrisoria cantidade de 789 para a Administración Xeral da Xunta, incluídos, persoal funcionario e laboral, libre, consolidación e promoción interna.

Tendo en conta que nin as prazas de consolidación nin as de promoción interna contan a efectos da taxa de reposición de efectivos, temos que en realidade esta magna OEP é de 414 prazas, menos do 3% do folleto de propaganda da Xunta e os outros sindicatos.

Qué é o que non vai nesta Oferta de Emprego?

  • Non vai o proceso de estabilización.
  • Non vai unha promoción interna digna.
  • Non vai a 1ª parte da consolidación.
  • Non vai a promoción interna cruzada entre corpos xerais e escalas (excepto para dúas escalas).
  • Non vai un número de prazas suficiente para cubrir as necesidades do servizo.
  • Non van as prazas de corpos, escalas e categorías de persoal laboral onde a temporalidade é máis alta.

Na Comisión de Persoal do día 29 de novembro, Función Pública informa:

  • Entrega relación de prazas de consolidación amortizadas.
  • Tentarán chegar a transaccións no Parlamento para engadir a categoría de condutor de motobomba en C2.
  • A promoción interna será por concurso-oposición, ainda que non veña no decreto de OEP.
  • Prazas de estabilización: serán na OEP-2018, a negociar no 1º trimestre do 2018. Incluirá un mínimo do 40% de prazas para estabilización.
  • Funcionarización: comezará a negociación. Constituirán un grupo de traballo en decembro, 2 por sindicato, para determinar as prazas. Haberá que facer: a modificación da RPT, preparar o decreto de funcionarización, e realizar o concurso de traslados.

A CIG vota EN CONTRA e explica o sentido do voto.

Esta é unha Oferta de Emprego derivada do Acordo de Estabilización que asinaron CCOO, UGT e CSIF, e aínda que pretendan agora desvincularse o acordo abrangue as ofertas de emprego ordinarias e extraordinarias, tanto de estabilización como de promoción interna no período 2017-2020. E que é o que temos? Nin estabilización, nin promoción interna. Das 14.750 prazas anunciadas e recollidas no Acordo só 789 son para a Administración Xeral, tanto funcionarios como laborais, tanto de libre como de consolidación, da que só vai a 2ª parte, e de promoción interna.

1. Promoción interna.

Só no caso da promoción interna pendente sen executar dos corpos xerais de persoal funcionario das OEP 2015 e 2016 temos sen convocar as seguintes prazas:

PROMOCIÓN INTERNA SEN CONVOCAR OEP'S 2015-16
CORPO SUPERIOR A1 34
-Escala de Finanzas A1 8
-Escala de Sistemas e Tecnoloxías da Información A1 8
CORPO DE XESTION A2 20
-Escala de Xestión de Sistemas de Informática A2 8
CORPO ADMINISTRATIVO C1 60
CORPO AUXILIAR C2 86
TOTAL 224

E a maiores habería que sumar as 14 prazas non cubertas da última convocatoria da promoción interna ao corpo superior A1 e as 19 do corpo auxiliar C2. As respectivas bases indicaban que as prazas non cubertas acumularíanse á seguinte oferta de emprego. 

Pero nesta Oferta de Emprego Publico do 2017 o número de prazas é só o seguinte:

ANEXO IV: PROMOCIÓN INTERNA
ADMINISTRACIÓN XERAL XERAL DISCAP. TOTAL
 Corpo Superior (A1) 9 1 10
 Corpo Xestión (A2) 48 2 50
Corpo Administrativo (C1) 66 4 70
Corpo Auxiliar (C2) 18 2 20
TOTAL     150

Por tanto xa nin cumpren coa obriga de acumular as prazas non cubertas de anteriores promocións internas.

Só se convocan 150 prazas para todos os corpos xerais de funcionarios, nin escalas, nin corpos especiais, nin laborais, cando no ano 2012 en plena crise só para o corpo auxiliar se convocaron 150. Este é o xeito en que o PP, CCOO, UGT e CSIF entenden a mellora de emprego.

2. Promoción cruzada a subgrupo superior dende algunhas escalas.

Admiten unha das nosas alegacións sobre este asunto pero o limitan a dúas escalas:

Artigo 4. Promoción interna independente

1. Non obstante, no proceso de promoción interna para o acceso ao Corpo Superior de Administración Xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do Corpo de Xestión de Administración Xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

Defendemos que se permita a promoción interna vertical, horizontal e cruzada, funcionario-laboral, xeral-escala, reciprocamente en todos os casos.

3. Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e Consorcio Galego de Servizos Sociais.

No caso do SPDCIF prometeron un 20% das prazas, é dicir 158 e só convocan 105.

O mesmo ocorre coas prazas do Consorcio, que segundo eles son do Consorcio e Servizos Sociais e suman 180, un truco para sumar prazas dos dous ámbitos e que saian as contas.

4. OEP parcial e funcionarización.

Non vemos prazas para persoal laboral, nin de libre nin de promoción interna, habendo categorías con moi alta temporalidade e sen convocar oposicións dende hai anos.

Non vale con crear escalas de funcionarios onde antes había de laborais e convocar agora esas prazas e esquecerse da prometida funcionarización do persoal laboral fixo, que tantas veces prometeron.

5. Ocultación de información sobre o número real de prazas vacantes.

A Administración segue sen aportar datos nin desagregados nin xerais sobre o número de vacantes da Xunta dotadas orzamentariamente, pero segundo os datos da Xunta, hai un total de 4.875  interinos e temporais, polo que esta Oferta de Emprego non chega nin a cubrir o 20% das necesidades de cobertura definitiva de postos estruturais.

Descargar borrador do decreto da OEP-2017 aprobado na Comisión de Persoal do 29/11/2017

Outras novas recentes

Luns, 16 Decembro 2024

Proposta de Acordo para a correcta finalización de determinados procesos de estabilización (SPIF) (borrador 16/12/24)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) achegounos unha proposta de acordo relacionado coa terminación dos procesos selectivos de estabilización para as distintas clases e escalas do servizo de incendios. O asunto ven motivado polo feito de que houbo un cambio de criterios en canto á baremación da experiencia do persoal fixo-descontinuo. Con...
Martes, 17 Decembro 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Incendios

O día 09 de decembro de 2024 tivo lugar a reunión do Comité S.S.L. de Incendios onde se abordaron os seguintes temas: -. Plan de formación 2025/2028. Dende a CIG pedimos que se abra un prazo de alegacións e que se incorpore a lexislación vixente da Lei básica de Bombeiros Forestais, de obrigado cumprimento, en canto neste caso permita un desenrolo do marco formativo, para...
Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería...