Novas por contido

No DOG do 28/02/2018 publícase a Resolución do 22 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo pesqueiros, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

O prazo para a presentación das solicitudes de inclusión estará aberto desde o 1 de marzo ata o 15 de xullo de 2018.

As persoas interesadas en inscribirse deberán acreditar estar en posesión dos requisitos establecidos na Orde da Consellería do Mar do 9 de maio de 2011 e cumprir o requisito ao que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006.

As persoas actualmente inscritas nas listas que se pechan que cumpran os requisitos establecidos poderán solicitar a súa incorporación á nova lista equivalente mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, acompañado da documentación compulsada que acredite o cumprimento dos requisitos esixidos.

A presentación da solicitude de incorporación na nova lista a que se refire o punto sexto é OBRIGATORIA para todos os actuais integrantes das listas que se enumeran no anexo I.

 

ANEXO I
Escala e especialidade (persoal funcionario)

Subgrupo Escala/especialidade Denominación
A1 2093-01 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Dereito.
A1 2093-02 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola.
A1 2093-03 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Navegación Marítima.
A1 2093-04 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Pesca Marítima.
A1 2093-05 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Inglés Marítimo.
A1 2093-06 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Medicina Subacuática e Hiperbárica.
A1 2093-07 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas.
A1 2093-08 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Comunicacións.
A1 2093-09 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Máquinas e Instalacións Mariñas.
A1 2093-10 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Procesos Sanitarios.
A1 2093-11 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Formación e Orientación Laboral.
A2 2094-01 Escala de mestres de taller de Institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Traballos Técnicos de Mergullo.
A2 2094-02 Escala de mestres de taller de Institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en Máquinas e Produción.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...