Novas por contido

A maiores de aprobar diversos procesos selectivos, nesta Comisión de Persoal tratáronse outros asuntos:

Concursos de traslados

Preguntamos polas previsións de negociación das bases xerais para todos os concursos. Comprométese Función Publica a retomalo ao longo do mes de marzo.

Para convocar os concursos máis inmediatos requiren rematar coa revisión de todas as RPTs (asegura que faltarían dúas ou tres, que poderían quedar aprobadas entre marzo e abril). Non se molla, xa que logo, a dar uns prazos para a negociación e convocatoria dos seguintes concursos de traslados (que na súa previsión serían corpos xerais de funcionarios e grupos IV e V de persoal laboral).

Plan de redución da temporalidade e funcionarización

Despois do paripé de negociación que se montaron CCOO, CSIF e UGT con Función Pública, excluíndo á CIG, e da nosa advertencia escrita de impugnar calquera acto derivado do mesmo xa que legalmente non poden furtar esta materia da negociación coa CIG, informa o Director de Función Pública que ao longo do mes de marzo remitirán a todas as organizacións sindicais os listados de postos para alegacións, comezando así a negociación real á que están obrigados.

Teñen previsto iniciar tamén a negociación da OEP 2018. Será un proceso complexo, afectado polas negociacións en Madrid. Os prazos serán tamén materia de negociación.

Derrogación da Lei 1/2012 (lei de medidas temporais no emprego público de Galiza)

Posto que o goberno presume do ben que vai a economía, reclama a CIG a derrogación das medidas temporais ordenadas por esta lei. Comprométese o Director Xeral de Función Pública a facer consultas con Facenda e estudar a posibilidade da derrogación con efectos no 2019.

RPT AGADIC

Rexeitamos a proposta de amortizacións que nos presenta a Consellería de Cultura. A proposta de modificación da RPT foi aprobada co voto en contra da CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

RPT da AXI (Axencia Galega de Infraestruturas)

Ainda que podemos apoiar esta modificación parcial, discrepamos sobre as áreas funcionais. Foi aprobada coa abstención da CIG e o voto a favor de CCOO, CSIF e UGT.

Procesos selectivos enxeñeiros industriais e enx.tec.industriais, OEP-2014

Estes procesos foron convocados en maio do 2016, con lista definitiva de admitidos/excluidos o día 27/01/2017. A día 27/02/2018, máis dun ano despois, aínda non se constituíu o Tribunal. Infórmanos Función Pública que os problemas para a súa constitución estarían resoltos neste mes de marzo.

Kronos en Cultura

Lembramos a Cultura a petición de sentarnos a negociar sobre a implantación do Kronos nos centros de cultura. Manifestan que teñen intención de convocarnos.

RPT do Consorcio

“Estamos en ello”, sen datas.

Convocatorias oposicións profesores escolas nautico-pesqueiras

En vindeiras semanas remitirán a proposta de programa.

Outras novas recentes

Xoves, 26 Febreiro 2026

Información listas de contratación: apertura, peche e novas (DOG)

Este venres publicarase no Diario Oficial de Galiza (DOG) a resolución para a apertura do prazo de novas inscricións para as listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. Segundo a información adiantada, prevese a apertura dun gran número de categorías. A actualización de datos do Consorcio presenta actualmente un atraso significativo. Para solventar esta situación,...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...
Martes, 24 Febreiro 2026

Criterios de reparto do FAS 2025 (borrador 24/02/2026)

Dende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais remitíronnos hoxe 24 de febreiro o borrador dos criterios de reparto do fondo de acción social 2025, para que formulemos alegacións, con prazo até o 27 de febreiro ás 14 h. Posteriormente, seremos convocadas á correspondente xuntanza. Se queres facernos algunha achega sobre esta nova edición do mal chamado...