Novas por contido

Resumo da xuntanza mantida o día 25 de marzo entre responsábeis da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, e as organizacións sindicais (CIG; CCOO, UGT e CSIF), para discutirmos as alegacións presentadas polas centrais sindicais á Relación de Postos de Traballo da consellaría.

Admiten pasar a méritos a maioría dos requisitos indispensables, ainda que non así os 81 postos con requisito de licenciatura en dereito, elimínase como mérito mecanografía no Secretaría Xeral Asesoría Xurídica secretario/a asesor/a, elimínase o requisito de permiso de conducir para unha praza na APLU.

Substítuese a clave A11 por AXG en postos da Subdirección Xeral de Informática.

Pásanse só dúas prazas de L.D. a Concurso (Sevizo de Promoción e Participación da Sostibilidade e Servizo de Coordinación Técnica e Inspección).

Corríxese a apertura a docentes só nunha praza, da Subdirección Xeral de Planificación Técnica, o resto as manteñen.

Os postos abertos a outras administracións xustifican decindo que non chegan ó 5 %.

Corrixen os pluses que estaban xa admitidos na RPT anterior e que admiten como erro  pero non ás das prazas que ainda que ca misma categoría e no mesmo centro de traballo que outras que xa os teñen lles faltan xustificando que non fan as mesmas funcións.

Respecto ós pluses da química (laboral en posto de funcionaria) do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG), queda pendente dun informe favorable do Director do Laboratorio.

Os pluses da telefonista e a auxiliar administrativa (laboral en posto de funcionaria) do LMAG excúsanse decindo que non teñen sentenzas na que lles obriguen a poñelas nas RPTs, falso, xa se lles foron presentadas varias veces, presentarémoselas novamente a ver que inventan agora.

As dúas prazas de químico que querían amortizar no LMAG dan marcha atrás e quedan como están. Tanto CIG como UGT solicitamos que pola carga de traballo que teñen e tendo en conta que xa tiñan presupuestadas dúas prazas de nivel 25 con ese cartos lle suberan a nivel 22 ás cinco prazas de químico/a do laboratorio, seguen negándose decindo que esto suporía ter que amortizalas e crealas de novo.

Elimínane prazas que no están dotadas orzamentariamente.

Dos postos que crean para laborais indefinidos, só o de Lugo de Biólogo o xustifican por sentenza xudicial e que non entra na consolidación por ser a sentenza posterior.  Nas outras seis prazas de urbanismo din que están pendentes do informe da Asesoría Xurídica e que despois acutuarán según indique este.

Seguen xustificando o exceso de titulacións en que eso é o que queren os centros directivos, non queren admitir que as titulacións dalgunhas prazas son totalmente ilóxicas e responden ós intereses dos actuais directivos dos servizos. É curioso que na Consellería de Medio Ambiente non exista ningúnha praza para titulado en Ciencias Ambientais. Puxeron a excusa de que non había esa escala, polo que lle contestamos que tampouco existía a escala de Físico, nunha praza do Laboratorio é unha das titulacións que piden (mudaron a de Farmacia por Físico, cando non ten sentido nun Laboratorio como o LMAG), polo que admitiron meter a licenciatura de Física e a de Ciencias Ambientais como mérito, pero non admitiron volver a incluir a licenciatura de Farmacia nesa praza.

A escala de delineantes segue sen posibilidade algunha de promoción.

Non se fala das relacións de postos de traballo doutros organismos da consellaría (Augas, IGVS) que deberían ir tamén nesta RPT que se está a discutir.

Seguen sen explicar a amortización das cuadrillas (capataces, conductores, mecánicos, legoeiros, .. ) cando están a contratar empresas alleas para realizar o traballo, amosando unha clara intención de privatizar os servizos públicos.

Seguen adiante coa centralización de servizos que retiran das delegacións deteriorando o funcionamento e a estructura dos servizos e limitando as posibilidades da promoción profesional para o persoal de servizos periféricos.

En conclusión, das alegacións das catro centrais sindicais que eran moi similares, só atenderon algunhas cousas puntuais, querendo facernos crer que si nos fixeran caso e modificaran moitas cousas, pero nas cousas importantes como o da centralización dos servizos co conseguinte desequilibrio territorial, as amortizacións, as privatizacións, as titulacións para meter ós seus, as libres designacións, ... seguen mantendo á súa postura totalitaria.

Pasáronnos impresa a RPT, pero ten erros polo que quedaron de pasar outra vez por correo electrónico toda a documentación correxida e xa vai ser a definitiva pois non van  convocarnos de novo, non queren admitir ningúnha modificación máis.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...