Novas por contido

Os desagravios aos que somete a provincia de Ourense o Delegado Territorial da Xunta de Galiza, Rogelio Martínez, parecen non ter fin.

Na xuntanza celebrada onte entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as catro organizacións sindicais máis representativas (C.I.G., CC.OO., UGT, CSI-CSIF) confirmouse o que xa era evidente, o incumprimento do acordo co anterior goberno: a dotación de persoal nos centros de servizos sociais da Xunta. O incumprimento dos acordos é a tónica habitual deste goberno, e dende a C.I.G. preguntámonos cal vai a ser o destino deses cartos que se ian investir en melloras aos servizos socias do País.

O acordo asinado no ano 2008 é para un periodo que abrangue 2009-2012, contemplandose as seguintes prazas para a provincia de Ourense:

  • Delegación provincial: 8 prazas
  • Residencia do Maior Cabeza de Vaca: 28 prazas
  • Residencia do Maior Carballiño: 15 prazas
  • Residencia do Maior Castro Caldelas: 10 prazas
  • Fogar do Maior de Ourense: 3 prazas
  • Centro de Menores A Carballeira: 8 prazas
  • Centro de Menores Montealegre: 6 prazas
  • Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas: 2 prazas
  • Residencia Tempo libre Carballiño: 16 prazas
  • Escola Infantil A Farixa: 3 prazas
  • Escola Infantil Covadonga: 2 prazas
  • Escola Infantil Antela: 3 prazas
  • Centro Social do Carballiño: 2 prazas
  • Centro Social Celanova: 1 praza
  • Centro Social Maceda: 1 praza
  • Centro Social Ponpelamios: 2 prazas
  • Centro Social Verín: 2 prazas
  • Centro Social Viana do Bolo: 1 praza
  • Centro Social Xinzo de Limia: 1 praza
  • Centro Social Petín: 1 praza

TOTAL PRAZAS PACTADAS A CREAR EN OURENSE: 115 PRAZAS.

A estas prazas había que engadir as necesarias para dotar a nova residencia do Carballiño, que non se contemplan neste pacto.

Está claro que moito interese nos servizos sociais non teñen, primeiro polo recorte de fondos que se evidenciou onte, e despois por qué a xuntanza chega con máis de catro meses de retraso, ou é que agora xa non son necesarias estras prazas?

O caso é especialmente grave en Ourense, onde tan só se crean catro prazas dun total de 139 que propón a Consellaría, isto representa menos dun 3% o que coloca no seu xusto sitio o peso que na area de Traballo e Benestar está a desenvolver Rogelio Martinez, o delegado da Xunta en Ourense e o apoio incondicional ao Xefe Territorial da Consellaría de Traballo, José Selas, provocan este agravio comparativo, sendo ninguneada de novo a nosa provincia por parte do Partido Popular, a dotación orzamentaria para todo o País é:

  • A Coruña:     1.012.008,07 €
  • Lugo:              845.357.10 €
  • Ourense:         136.368,98 €
  • Pontevedra:  1.147.297,14 €

Sobran as palabras.

Ao mesmo tempo, dende a C.I.G. preguntámonos, que vai a pasar coa Residencia do Maior do Carballiño, que se está ampliando e que segundo as últimas novas que temos da Administración, non hai fondos para a dotación de mobiliario na futura residencia que entendemos que a non ser que poñan a dormir aos residentes no chao, esta non vai a abrir no prazo previsto. É este un primeiro paso para a súa privatización? Non entendemos porqué tampouco se contempla a dotación de persoal da nova residencia do Carballiño polo que entendemos que é unha mostra clara das intencións do Partido Popular: nin persoal nin mobiliario.

Dende a C.I.G. esiximos que se dote de persoal suficiente aos centros de servizos sociais na provincia de Ourense, se respecte o pacto asinado entre a Administración e os catro sindicatos máis representativos na función pública galega.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...