Novas por contido

No día de onte confirmouse o rumor que viña circulando dende hai días entre os/as traballadores/as da Xunta de Galiza.

Na película de Stanley Kubrick, Sendeiros de Gloria, un xeneral incompetente e culpable de lanzar un ataque suicida a posicións enemigas, decide limpar a súa imaxe castigando a outros. A responsabilidade da masacre non a asume el senón que lla fai pagar a outros co fusilamento de tres soldados escollidos ao azar. Este comportamento é o que agora reproduce o noso xeneral Mireau, o director xeral da Función Pública José María Barreiro, mandando fusilar a subdirectora xeral de Provisión de Postos. Está claro que a subdirectora non é un soldado raso, tal vez unha comandante, pero a carga suicida ordenouna o xeneral Barreiro.

O cese da subdirectora xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal, Eduarda Varela Castro, é un acto miserable, e non polo cese en si, pois calquera subdirector/a pode ser cesado discrecionalmente, senón porque tras esta acción o que se pretende e evadir a responsabilidade que recae no titular do órgano directivo, o director xeral da Función Pública, José María Barreiro, como responsable dos escándalos producidos en varios procesos selectivos.

A falta de valentía e de decoro do director xeral da Función Pública e da Conselleira de Facenda, Marta Fernández, non ten parangón.

Hai que lembrar que esta subdirectora foi confirmada no seu posto polo actual director xeral, e que estando ela nese posto se chegaron a acordos positivos que afectan á Función Pública, como a negociación do Acordo de mellora de Emprego, o aumento de prazas para a promoción interna con temarios axustados ao obxectivo das probas, etc. tendo ademais un carácter aberto e receptivo que favorecía o diálogo social.

É certo que a subdirectora xeral ten a súa parte de responsabilidade nas disfuncións que se producen no acceso ao emprego público, pero a responsabilidade última é do director xeral e da Conselleira de Facenda, que non adoptaron as medidas necesarias para corrixir o acontecido nos procesos selectivos.

Hai que recordar que este director xeral de Función Pública estreouse no cargo eliminando parte do sistema de garantías que existía para o acceso ao emprego público:

  • Impediu que un dos vogais do tribunal fose proposto pola parte social, como se viña facendo.
  • Aumentou a presencia de persoas de designación política nos tribunais, persoas que lle deben o seu posto a que alguén as nomeou e que poden ser cesadas polo mesmo, configurándose así un modelo de tribunais políticos.


Tamén queremos denunciar a campaña indecente da Xunta no relativo ás Instruccións dos Tribunais, falseando o que nelas se dispón.

Nas Instruccións do 2007, que a CIG-Autonómica non considera axeitadas, xa están contempladas todas as causas de abstención e recusación, en especial no relativo a participación de familiares dos membros dos tribunais nos procesos selectivos, así como a imposibilidade de ser opositor e membro dun tribunal á vez se hai interese persoal nos dous procesos. Nesta semana a CIG-Autonómica fará pública a súa proposta de Instruccións dos Tribunais.

Cesar á subdirectora xeral implica, por decencia, a DIMISIÓN de quen a nomeou e de quen ten a responsabilidade última neste asunto.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...