Xuntanza entre a directora do ISSGA e as organizacións sindicais, trala denuncia do acordo de gardas. Dende a CIG demandamos o seguinte:
Incremento dos días de especial significado: pedimos que estos días se amplien a aqueles 14 festivos marcados anualmente polo calendario laboral, e dentro destes con especial relevancia os de Semana Santa.
Plantexamos un incremento da cuantía das gardas: o que contestan que están o dispor de Economia e que non teñen independencia económica.
RPT do organismo: requerimos a negociación da RPT, informan que está elaborada pero que queren crear outro foro de negociación. Contestamos que nos convoquen xa a negociar pois esto non fai mais que retrasar todo o proceso. Dentro desta negociación falarase da reconversión das amortizacións en novos postos que sexa necesario crear para adaptarse as novas funcions do instituto; pensan asumir competencias que tiñan contratadas.
Comisión Paritaria de seguimento do acordo: tal como se recolle no acordo pedimos que se cree a comisión de seguimento.
Decreto Integración de escalas: a Administración convocará en breve os sindicatos para negociar este decreto.
Por parte da dirección so comunicaron as intencios de negociar a RPT e o decreto de integración das escalas, sobre as demais demandas prantexadas non entraron en negociación. Indicamoslle a dirección do ISSGA que para que exista negociación deben tratar as demandas feitas.
Novamente presentaremos as nosas reinvidicacións para debate e quedamos emprazados para unha vindeira reunión na primeira semán de maio.
A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...