Novas por contido

A Consellería de Medio Rural ostenta as competencias estatutarias en materia de medio ambiente, e entre outras, todas as relacionadas cos incendios forestais, tanto prevención coma extinción e, algo fundamental na loita contra incendios forestais, a investigación dos incendios unha vez producidos.

Dende o ano 2001 tiña operativas 19 brigadas de investigación de incendios forestais compostas por 2 axentes forestais cada unha, en toda Galiza. Estes/as axentes da autoridade, funcionarios/as da Xunta de Galicia traballan todo o ano en coordinación cos fiscais, na investigación dos incendios forestais, realizando a determinación da orixe do lume, as súas motivacións e os posibles causantes e sendo unha peza fundamental na persecución destes delitos.


A día de hoxe a Xunta de Galicia ten desmantelado na práctica estas brigadas de investigación xa que non cubre as vacantes,  non forma aos axentes forestais nin proporciona material e medios para a realización destas tarefas.

Esta é unha mostra máis da inoperancia e inactividade da que fai gala a Consellaría de Medio Rural, que intentan desmantelar un servizo público esencial na Galiza como é a loita contra incendios forestais, sen importarlle as consecuencias que esto signifique para o País.

Desde a CIG demandamos en moitas ocasións e volvemos a facelo, sobre todo a día de hoxe, co dispositivo do verán a punto de comezar a cobertura da grande cantidade de vacantes de axentes forestais que hai sen cubrir.

Denunciamos que  hai distritos con máis de 5 prazas sen cubrir a día de hoxe, dunha plantilla media de 18 axentes forestais.Por por so un exemplo paradigmático do desmantelamento do servizo tanto no distrito de Ourense como no de Verín a día de hoxe non esta a funcionar a BIIF. A Xunta de Galicia  segue a negarse a cubrir as vacantes a pesar de ser este un colectivo de funcionarios/as que traballa directamente na xestión de emerxencias, xa que son os directores/as de extinción dos incendios forestais, coordinando e dirixindo tódolos medios que participan na extinción, máxime na época na que nos atopamos.

Tamén coñecen e traballan no monte galego durante todo o ano, participando na súa xestión, no control, na extinción dun incendio e ata na súa investigación conformando así un mapa de tódolos factores que poden intervir.

Dende a CIG consideramos inadmisible que teña que vir de fóra a investigar incendios o Corpo Nacional de Policía, tendo xa aquí, na Galiza, as brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF) e que lonxe de reforzarse se estean desmantelando por iso reclamamos a cobertura inmediata de tódalas vacantes de axentes forestais e reforzo das BIIF.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...