Novas por contido

A CIG denuncia á Consellaría do Medio Rural ante a Inspección de Traballo por non cumprir a Lei de prevención de riscos laborais nos distritos forestais.

Os funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia que traballan directamente na extinción de incendios forestais, axentes forestais, técnicos/as de Distrito e Xefes de Distrito non teñen avaliación de riscos laborais dos seus postos 15 anos despois da publicación da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Estes funcionarios/as realizan funcións como a dirección de extinción dos incendios forestais, a coordinación e direción de medios dos Distritos, control das actividades forestais, traballo en espazos naturais con flora e fauna silvestre, toma de mostras en verquidos contaminantes, envelenamentos, inspección de canceiras...entre outros.

Con gardas que chegan ata as 24 horas seguidas e vehículos con máis de 10 anos e 200.000 km, Falta de medios e Equipos de Protección Individual (EPI) que non cumplen as prescripcións mínimas en materia de seguridade. Como exemplo o uniforme dos axentes forestais que é 100% acrílico e constitúe un grave risco para o traballo en incendios forestais. Deficiencias organizativas e falta de formación específica...
Todo isto constitúen riscos claros en materia de seguridade, riscos hixiénicos (físicos, químicos e biolóxicos), riscos psicosociais (carga de traballo e exercicio da autoridade)...

O 29/10/2009 e, despois de insistir perante o Servizo de Prevención da Xunta de Galiza e os Comités de Seguridade e Saúde Laboral,  dende a CIG, facemos a primeira denuncia ante a inspección de traballo de Ourense, gañamos e inspección obriga finalmente a Xunta realizar as avalicións de riscos dos postos.
A Xunta de Galicia presenta as avaliacións iniciais de riscos perante o INTSS (26/02/2010) pero non as leva aos centros de traballo, non informa aos traballadores/as nin toma nengunha medida para a subsanación das deficiencias.

Hoxe, 14 de Xullo, en plena campaña de incendios forestais estes funcionarios/as aínda non recibiron un EPI (equipo de protección individual) e roupa de traballo axeitada para as suas labouras na extinción de incendios forestais. Polo que  A CIG DENUNCIA DE NOVO á Consellería de Medio Rural  ante inspección de traballo para que se cumpla a lei e exerza o deber de protección dos seus traballadores/as, tomando as medidas preventivas que correspondan para a minimizar os riscos.

Esta é a política contra incendios forestais deste Goberno do Partido Popular, que non lle importa o monte galego poñendo, si fai falta, en perigo a vida dos seus propios traballadores.

Esta é outra demostración máis da inoperancia deste Conselleiro e o Director Xeral de Montes, algo que dende a CIG xa denunciamos con motivo do desmantelamento das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais, dotadas con persoal que coñece perfectamente o monte galego, para asinar acordos con forzas de seguridade do Estado.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...