Novas por contido

Na reunión do martes 2 de novembro, o director xeral da Función Pública informounos da situación e previsión dos seguintes temas: concurso de traslados de corpos xerais, tomas de posesión dos diferentes procesos selectivos, concurso de corpos especiais,  procesos de consolidación e estabilización, concurso de persoal laboral, fondo de acción social e OPE 2010.

CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS
A listaxe provisional coas puntuacións vai saír, se non hai ningún problema de última hora, o venres 5 de novembro. Se xurdira algún imprevisto teñen como data límite o próximo mércores 10.  Respecto das puntuacións definitivas, seguen pensando en resolver o concurso no mes de decembro. As tomas de posesión quedarían adiadas para o mes de xaneiro-febreiro, ata que escollan en destino definitivo os distintos grupos de persoal funcionario que estean en provisional.

PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES DE PERSOAL FUNCIONARIO

O máis inmediato vai ser a toma de posesión provisional do C1 de libre que terá lugar a semana que ven. 

En xeral, van escoller e tomar posesión (xa definitiva) primeiro os de promoción interna, logo os de libre e por último consolidación. Para poder escoller van intentar bloquear as comisións de servizo entre a resolución do concurso e a escolla dos distintos grupos

En particular:

  • A1 de promoción interna. Este grupo pode ser que sufra un pequeño retraso xa que na lista de persoas aprobadas hai 2 que veñen da escala de inspectores de turismo e están afectadas pola sentenza desta escala e que nestes momentos esta en incidente de execución. En Función Pública queren esperar a que se resolva xa que se o TSX manda executar a sentenza e retrotraela á realización do 4º exercicio, estas dúas persoas xa non estarían aprobadas e polo tanto habería que excluílos da lista de persoas que superaron o proceso selectivo. Unha vez resolto este problema, o resto iría rápido.

  • A1 de libre escollerían tras a resolución do concurso e tomarían posesión simultaneamente coa xente do concurso.

  • A1 de consolidación queda a espera do remate do proceso.

  • A2, comezan a escolla por promoción interna, se alguén tivera que cambiar de posto, despois libre e logo consolidación. A toma de posesión simultánea coa xente do concurso.

  • C1, igual que A2, coa puntualización anterior da toma de posesión provisional do proceso de libre. Os de consolidación quedan para despois do concurso e xa será definitiva. As tomas de posesión tamén van ser simultáneas co concurso.

  • C2 queda todo para despois do concurso. Escolleran comezando por promoción interna, seguirán os de libre e despois consolidación. Respecto das tomas de posesión poden ser simultáneas coas do concurso a promoción interna e libre e que quedaría para despois a consolidación ao ter que sacar as exclusións dos de libre.

  • Agrupacións profesionais. Escollerían ao final de todo comezando polos do 2005. A toma de posesión tamén sería para despois do concurso.


CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

Seguen esperando polas RPT. Disque lles mandaron un “aviso cariñoso” ás consellerías que faltan por facelas. Se todo vai como pensan esperan sacalo a primeiros do ano que ven, o malo é que así levamos todo este ano.

CONCURSO DE PERSOAL LABORAL

Parece ser que van mandar de inmediato as prazas do grupo V. Nesta relación non aparecen aínda as que se creen para a consolidación pero pensan incluílas ao longo do mes de novembro. Como o das bases está xa bastante avanzado pensan sacalo, para este grupo, antes de que remate o ano. O resto dos grupos sacaranse posteriormente e previsiblemente van ir xuntos os grupos IV e III por un lado e os grupos II e I por outro.

CONSOLIDACIÓN E ESTABILIZACIÓN DE PERSOAL LABORAL
Confirmarn que vai haber consolidación e tamén estabilización.
Respecto da consolidación pensar sacar as distintas RPTs no mes de novembro, entre outras cousas porque hai que incluír as prazas para o concurso de traslados. Para a convocatoria teñen que esperar necesariamente á publicación do decreto de consolidación que terá lugar tras a aprobación da lei de orzamentos de 2011.
Respecto da estabilización aseguran que terá lugar pero despois da consolidación e despois da resolución do concurso de traslados e unha vez que se produzan as tomas posesión destes outros procesos.

TOMAS DE POSESIÓN DE VARIAS CATEGORÍAS DE LABORAIS
Todas as categorías incluídas nestas tomas de posesión están afectadas por diversas sentenzas:

  • O día 18 deste mes van tomar posesión os aprobados do grupo III, cat. 80 (capataz de establecemento).
  • O día 19 toman posesión o grupo IV, cat. 42 (Oficial de establecemento).
  • Queda pendente o grupo III, cat. 100 (Xefe/a de cuadrilla defensa contra incendios forestales) xa que esperan un informe do Consello Consultivo conrelación a unha reclamación sobre a valoración dos méritos.


FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

Pretenden comezar próximamente a negociación do fondo deste ano cun importe de 9,136,392 €. Da situación do FAS do ano pasado non din nada.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2010
Pretenden sacar unha mini-oferta de emprego con algo máis de 300 prazas, distribuidas entre a promoción interna dos corpos xerais de persoal funcionario e a creación de prazas libres de diferentes escalas que actualmente están cubertas con persoal laboral indefinido por sentenza.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...