Novas por contido

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de Agacal, Gain e Intecmar, e do concurso e destinos de veterinarios/as.

Promoción interna a corpo superior-A1, xestión-A2 e auxiliar-C2

O número de prazas son:

A Xunta teima en restrinxir as escalas do subgrupo inferior que poden participar. E nega a promoción horizontal dende outras escalas do mesmo subgrupo. A CIG defende a promoción interna horizontal e vertical dende calquera escala do mesmo e inferior subgrupo, sempre con reciprocidade en todos os casos. 

Indican que o primeiro exercicio non será antes dos seis meses. CIG reclama que poñan un prazo máximo, tanto para o exame como para a toma de posesión.

Temos localidades nas que as persoas candidatas saben que van ter que coller as maletas se superan o proceso. Necesitamos unha alternativa que faga máis atractiva a promoción interna nesas localidades.

Por ser de corrección subxectiva, non queremos exames de desenvolvemento escrito de temas. Optamos pola súa eliminación, e como alternativa, reconvertelo en suposto práctico test. De mantelo, que editen manuais ou referencias bibliográficas e a publicación das rúbricas de cada tema e dos criterios de corrección.

En canto á fase de concurso, subliñamos que a antigüidade máxima son 25 anos, polo que os servizos prestados de moita xente poden quedar sen valorar.

No programa dalgún dos grupos entran temas que non entran en acceso libre. Non o podemos aceptar.

Funcionarización de laborais fixos en excedencia

A Xunta vai repescar un proceso de cambio de vínculo xurídico (funcionarización) de persoal laboral fixo que está en excedencia. Este proceso arranca no ano 2023, cando aprobaron a resolución que abría o prazo para que este persoal puidera apuntarse. Ligazón ás convocatorias.

Non nos opoñemos ás solicitudes que poidan facer as traballadoras e traballadores, pero si queremos manifestar que continuamos en contra da funcionarización tal e como se executa dende esta Administración: sen regular as funcións previamente, houbo que corrixir polo vía da xustiza a obriga funcionarizarse para a solicitude da carreira profesional, tiñan que facerse concursos de laborais previos que non se fixeron, non se negociaron as condicións de traballo previamente á funcionarizarse.

Rolda aberta de intervencións

Escalas de finanzas: Teñen que convocar concurso de traslados (despois dos concursos específico que non remataron). Cando finalice todo isto, farán a elección de destinos.  Están practicamente para finalizar os concursos específicos (42 prazas). Para principios do 2027 poderían ser os concursos de traslados. Destinos definitivos e estabilización e seguintes procesos selectivos para despois.

Repesca funcionarización: AGACAL non estarán nesta oferta de emprego público, terían que contemplarse para a seguinte porque están co proceso de integración. O mesmo sucede con outros procesos de integración. Non poden funcionarizarse sen integrarse. Pasa o mesmo con GAIN e INTECMAR.

Resolución concurso veterinarios/as no DOG 13/11 (venres) e elección destino escala veterinaria (ata estabilización, incluído provisional). Os procesos do 2024 elixirán destino máis adiante porque non están publicados os aprobados/as.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...