Novas por contido

Entre os incumprimentos que está a levar a cabo a Administración en materia de persoal, un deles, a funcionarización do persoal laboral fixo en postos de persoal funcionario, xa vén de moi atrás, tanto como dende que superaron os seus procesos selectivos. Segundo a lei tiña que estar solucionado xa vai máis dun ano.

Hai moitos anos xa que o persoal laboral fixo que realiza traballos que, pola natureza das súas funcións, debe ser desempeñado por persoal funcionario, padece discriminacións como non poder participar en concursos, promocións internas ou carreira profesional. Este é un tema xa de vello, dende o ano 2001 vimos acumulando acordos de funcionarización que a administración nunca cumpre.


Despois dun pulo constante de CIG-Autonómica, hai catro anos falábamos de que por fin sería posible a funcionarización xa que ía incluída no acordo retributivo asinado daquela. A día de hoxe, seguimos igual. A administración segue a facer promesas de levar a cabo a funcionarización pero non se senta a abrir unha mesa de negociación para negociala nin da unha data para levar a cabo o proceso.

Hai un par de meses, dende a solicitamos unha reunión co director xeral da Función Pública na que lle expuxemos a nosa proposta de funcionarización voluntaria mediante un curso con aproveitamento na EGAP. A nosa proposta, que nun principio parecía ter boa acollida, non tivo resposta aínda. Ben é certo que seguen a falar da funcionarización pero nunca de xeito formal. Para colmo, no último cronograma que achega Función Pública nin sequera se nomea o proceso de funcionarización.

Na CIG-Autonómica xa nos fartamos de falsas promesas e de probables acordos que nunca chegan. Tivemos xa paciencia dabondo con esta Administración que non cumpre os acordos que asina. O texto refundido da Lei de función pública, publicado en xuño de 2008, establecía un prazo de 12 meses para que a Administración convocase as probas correspondentes ao proceso. A día de hoxe seguen sen estar convocadas, nin siquiera hai un compromiso firme de cumprimento, polo que a CIG denunciou no contencioso-administrativo á Xunta por inactividade e incumprimento dos prazos establecidos na Lei da función pública de Galiza. Ante a falta de acordos serios, terá que ser a xustiza a que inste á Xunta a cumplir coas súas obrigas e co aprobado na lei.

Outras novas recentes

Luns, 20 Outubro 2025

30 de outubro: en pé por un Servizo de Incendios digno e público!

O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano. Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o...
Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Luns, 20 Outubro 2025

Concursos de traslados de veterinarios/as e escalas sociais: relación provisional admitidos/as e excluidos/as

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan de que o mércores 22 de outubro publicarán no Diario Oficial de Galiza as seguintes resolucións: Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso de traslados F0325, escala de veterinarios....