Novas por contido

Ante as declaracións á prensa do Vicepresidente Terceiro do Goberno do Estado, Manuel Chaves, informando de que o Executivo estuda ligar unha parte do salario do persoal da Administración á súa produtividade, desde a CIG-Autonómica manifestamos a seguintes consideracións:

O concepto de produtividade entendida no sentido de “avaliación do desempeño” a se ter en conta nas retribucións e na carreira profesional dos empregados públicos, está incluída no EBEP (Estatuto básico do empregado público). Desde a aprobación do EBEP no ano 2007, está paralizado o desenvolvemento da carreira profesional dos empregados públicos na Administración central e na Xunta de Galiza.

Dada a suspensión unilateral dos acordos vixentes en materia de retribucións por parte do Goberno do Estado a través do “Decretazo” de xuño de 2010, desde a CIG-Autonómica consideramos pouco edificante que agora o responsable estatal da Función Pública realice declaracións que, no fondo, veñen a cuestionar diante da sociedade o desempeño e o valor do traballo dos empregados públicos.

A CIG-Autonómica, que no seu momento rexeitou a aprobación do EBEP, está en contra da introdución de calquera concepto  non obxectivo que inflúa nas retribucións dos empregados públicos. Non aceptaremos que a discrecionalidade política ou a afinidade persoal poidan influír nas retribucións do persoal.

A Administración, a diferencia das empresas privadas, non ten por obxectivo o lucro particular senón o servizo aos intereses xerais, creando as condicións nas que se desenvolve a actividade económica privada e producindo bens e servizos que, pola súa propia natureza, están fóra do mercado e do concepto de oferta e demanda aplicables a calquera empresa privada: como medir obxectivamente a produtividade do persoal dun centro de ensino público, dunha residencia de maiores ou dunha brigada de bombeiros forestais?

Outras novas recentes

Xoves, 06 Novembro 2025

MSF 11/11/25: promoción interna a PSX e acceso libre a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), psicoloxía e auxiliar de clínica

A Dirección Xeral de Emprego Pública convocounos a unha Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as para o martes 11, na que se tratarán os seguintes procesos selectivos: Acceso libre a: Corpo superior-A1 Corpo de xestión-A2 Corpo administrativo-C1 Corpo auxiliar-C2 Especialidade de psicoloxía-A1 Escala de auxiliares de clínica-C2 Promoción interna a: Persoal de...
Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.  9PxCsuxB4cQ   Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación...
Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola cláusula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal...