Novas por contido

Segundo a información da Consellería de Medio Rural, tamén aboará a nocturnidade do ano 2009, neste caso aos traballadores e traballadoras que presentaron no seu día a reclamación previa.

Dende a Secretaría Xeral de Medio Rural deron a orde, novamente, aos Xefes de Distrito de que validasen as certificacións de horas nocturnas realizadas a aqueles traballadores e traballadoras que presentasen dita reclamación.

Outras novas recentes

Mércores, 23 Xullo 2025

A titulación do persoal de cociña esgánaselle a Función Pública

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á...
Luns, 28 Xullo 2025

Apertura de postos de enx. agronómica e agrícola a montes e forestal (MSF 28/07/25)

A DXEP retira a proposta de modificar os 12 postos das oficinas agrarias. Mantén o resto da proposta A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) anunciou na Mesa Sectorial que tivemos o luns 28 de xullo, que retiraban a proposta de modificación dos 12 postos das oficinas agrarias comarcais, que pasaban de ser para as escalas de enxeñaría...
Luns, 28 Xullo 2025

Caos nas probas visuais da Consellería do Medio Rural

Tras dous anos agardando pola creación das listas de escalas de persoal funcionario do Servizo de Prevención e Incendios Forestais (SPIF), fixeron unha apertura extraordinaria destas listas en xaneiro, seica pola urxencia, pero as probas non as fixeron ata a semana pasada, en plena campaña de alto risco. Na proba visual, realizada na EGAP o 23 de xullo, houbo unha...