Novas por contido

A cota sindical é un gasto deducible dos rendementos do traballo. Porén, nos datos fiscais que ten a Axencia Tributaria non soe aparecer reflectido. Xa que logo, para facer efectiva a dedución das cantidades aboadas  neste concepto durante o ano 2010, tedes que modificar o borrador ou incorporalas ao recadro 011 da declaración do IRPF. Non é necesario achegar ningún xustificante.

Para máis información, recordamos que a CIG ten a disposición da súa afiliación  un servizo de asesoramento para realizar a declaración da renda. Consultade as datas e horarios deste servizo nos vosos locais comarcais. Toda a información necesaria sobre a Renda 2010 podédela atopar no seguinte enlace.

Outras novas recentes

Venres, 03 Outubro 2025

Persoal da Xunta de Galiza reclama unha solución inmediata á parálise dos concursos de traslados (Concentración 30/09/2025)

A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai...
Martes, 30 Setembro 2025

Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal non docente de centros de ensino

Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...
Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...