Novas por contido

A Consellaría de Traballo e Benestar apúntase aos CALL CENTER. Beatriz Mato decidiu a privatización das citas telefónicas do servizo da dependencia que ata o de agora desenvolvían, sen ningún problema ou atranco, as terapeutas ocupacionais.

Ata o de agora, o persoal do servizo, previo a análise do expediente da solicitude das axudas da lei da dependencia,  concertaba unha cita no domicilio da persoa dependente para a súa valoración in situ. Para establecer unha visita, o persoal da administración ten que filtrar o expediente para verificar se hai a necesidade da presenza de persoal coidador, se é preciso algún documento adicional ou a súa situación de saúde, ademáis de acordar a visita e corroborar o xeito de chegar ao domicilio.

Coa privatización das citacións vai suceder que, ademáis de encarecer o servizo público, haxa múltiples visitas que teñan que repetirse por non dispoñer do expediente completo, por non garantirse as necesidades de persoal coidador ou, mesmo, pola situación de agudez do estado de saúde que non permita a valoración. En definitiva peor servizo e máis gasto público.

O resultado vai ser o mesmo que sucedeu coa asistencia técnica outorgada á consultora PLEXUS: levaron os expedientes físicos para a introducción no aplicativo informático da Xunta dos datos das persoas dependentes. PLEXUS cobrou a asistencia técnica pero o formulario do aplicativo informático tivo que cargalo o empregado público da Xunta. A CIG pregúntase que vai pasar coa protección destes datos tan sensibles que, por moito que a Consellaría comprometa un compromiso de confidencialidade, so o empregado público é quen de garantir.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...