Novas por contido

Despois de catro meses de espera, xa choveu desde aquela, Función Pública (FP), representada polo subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais tivo a amabilidade de recibir en xuntanza aos membros do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Por motivos de maior calado, segundo o subdirector xeral, non asistiu o director xeral da FP.

Os temas que plantexou o Comité Intercentros alá polo mes de febreiro do 2011 na solicitude de xuntanza coido que quedaron en desuso, aínda así, tratáronse os seguintes:

1º Artigo 35. Política de axuda a discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais. Dáse a cirncustancia que existen varias interprestacións por parte das consellerias do exposto no citado artigo, polo que FP solicitou informe as catro consellerias con máis persoal para coñecer de primeira mán como están aplicando a axuda. FP vai mantér unha xuntanza coas consellerias a próxima semana onde redactarán unha instrucción  de cara a súa aplicación do mesmo xeito en tódalas consellerias. Achegaránnos a proposta ás organización sindicais.

2º. Adscricións temporais. É desexo do Intercentros que FP publicite as adscricións temporais na páxina web. FP dí que teñen problemas informáticos coma de diñeiro para levar adiante ésta publicidade. Nos tempos que corren é a resposta máis sinxela que dár!!!. Continúa dicindo que consultará coa comisión de secretarios xerais a citada publicidade. Dende o Intercentros recálcaselle que hoxe en día existen varios criterios para asignar as adscricións, dependendo da conselleria, polo que solicítase un mesmo para todos.

3º. Conselleria de Traballo e Benestar. Comenta FP que Traballo ten previsto presentar un proxecto para iniciar a negociación cos sindicatos de cara á compensación económica dos fins de semana. Ésta negociación podería levar a modificación do V C.C.Ú, polo que tanto CIG e UGT, partes asinantes do convenio, terían que valorar esa posibilidade. Ésta futura negociación vai unida ao tema das carteleiras onde é preciso un criterio único para a súa aplicación. Según FP os directores dos centros están a realizar un curso para familiarizarse coa futura aplicación das carteleiras. Valoraron a posibilidade de acollerse ao sistema de carteleiras do SPDCIF, pero entenderon que non lles sería útil para os seus centros.

4º. Vacacións, permisos e licenzas. Recoñece FP que están traballando no borrador da 5ª Lei da Función Pública Galega. Teñen previsto comenzar a negociar coas organizacións sindicais antes de Agosto, si teñen días, ou por contra, despois de vacacións.


5º. Actualización das prazas vacantes.
Según FP estamos a pedir a data de hoxe algo imposíbel, dado que non teñen datos suficientes de todo o persoal laboral que está a traballar para a administración. Continúan actualizando o rexistro central de persoal (RCP). Nun futuro según FP, dita actualización sí sería posíbel, pero sempre e cando tivesen persoal suficiente na FP para desenvolver éste traballo. En fin, agardamos entón ao século vindeiro, a ver para aquela.

6º. Asignación do plus de especial dedicación ás prazas de código 0
. FP comenta que non fixeron nada ao respecto, que sigamos insistindo perante a Conselleria de Educación. Ole tus hue…, balóns fóra.

7º. Petición de memoria explicativa das amortizacións. Está chegando ao Intercentros comunicación da FP para que informe sobor das amortizacións nas diversas consellerias sen memoria explicativa. Solicítaselle á FP que cando remita proposta de amortizacións que adxunten memoria para ter información de cara a redactar o informe favorábel ou desfavorábel. Según FP terán en conta a nosa petición.

8º. Concurso de traslados resto de grupos
. Segundo o derradeiro cronograma da FP está previsto para o mes de xuño. FP ten previsto facer público para a semana próxima o decreto da consolidación de emprego polo que a continuación achegarán ás organización sindicais o borrador do concurso, sendo similar ao do grupo V, xunto coas vacantes existentes.

Visto o panorama existente na Función Pública, ata temos que darlle as grazas. En fin, despois de catro meses esperando pola xuntanza co Director Xeral da Función Pública, continuamos na mesma, sen apenas resposta ás cuestións plantexadas. A volta de vacacións, segundo FP, alá polo mes de setembro retomarán os temas achegados dende o Intercentros. Dende a CIG desexámoslle un bó descanso durante o período vacacional, esperando que a súa volta teñan a ben pórse a traballar na resolución definitiva das problemáticas do persoal laboral da Xunta de Galiza, cada vez máis esquecido por ésta administración, a nosa administración.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...