Novas por contido

A secretaria xeral de Presidencia, Beatriz Cuíña Barja, ordena á policía impedir a entrada ao Salón Grande de San Caetano, que fora previamente reservado pola CIG, e expulsar aos representantes sindicais do Edificio Administrativo.

O venres 24 a CIG-Autonómica solicitou formalmente e por escrito no impreso habitual dispor dunha sala de actos en San Caetano, como se ven facendo habitualmente dende hai moitos anos, para celebrar unha xuntanza de traballo hoxe martes, e tratar temas relacionados coa actividade sindical recente.


Despois de sernos concedido o Salón de Actos A (Grande) atopámonos coa sorpresa que diante da porta se atopan varios policías impedíndonos o paso e declarando que teñen orde de impedir que se realice unha reunión da CIG en San Caetano.

Nin dende a Secretaría Xeral de Presidencia nin dende Función Pública se nos quixo dar unha explicación para o desaloxo.

A CIG-Autonómica vai presentar unha demanda para a tutela xudicial do dereito á liberdade sindical por entender que a Administración quixo impedir que os/as delegados/as da CIG se reunisen nos locais da empresa, previamente solicitados, co único fin de impedir a función representativa e evitar que os órganos da CIG poidan adoptar decisións contrarias á política do Partido Popular.

Os/as delegados/as da CIG-Autonómica, decidimos entón celebrar a xuntanza nun dos espazos comúns do vestíbulo de entrada a San Caetano, sendo desaloxados pola policía e escoltados ata a saída das instalacións.

Debe quedar constancia de que moitos/as dos/as delegados/as son empregados/as públicos/as dese mesmo centro.

Nen nos tempos máis rancios de Fraga se nos impediu o dereito de reunión como ven de facer cunha actitude fascista a secretaria xeral da Presidencia do Partido Popular.


alt

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...