Novas por contido

Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, preguntamos por varios asuntos do que aquí vos damos conta:

Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as

Dende a CIG trasladamos que estando xa aberto dende o luns o concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores/as como é posible que sigan faltando vacantes ocupadas por persoal temporal, as cales levamos reclamando dende fai tempo. Hai que ofertar todos os postos vacantes e descoñecemos o motivo de por que hai postos que non saen. Quedan en revisar de novo os dous postos e en vindeiros días informarán.

Retirada de postos do concurso das escalas de Servizos Sociais

Volvemos a reiterar o dito na mesa sectoria. A administración retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social). Desas sabemos que dúas se corresponden con persoas con máis de 2 anos en destino provisional que demandaron xudicialmente a posibilidade de participar no concurso.

Ao igual que no caso do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, o que teñen que facer é DUPLICAR OS POSTOS. A DXEP di que todos os postos que se retiraron responden a execución de resolución xudiciais e na casuística da duplicidade de prazas entenden que non responde á mesma casuística que o concurso de enxeñerías.

Esiximos que abran unha mesa de negociación para tratar este problema que ademáis se vai producir non só neste concurso se non no resto dos que quedan.

Chamamentos do Consorcio

Seguimos denunciando que se cometen erros con repercusións moi graves como é adxudicar vacantes e logo retiralas por motivos que non son xustificados. Este sistema de chamar a través dun documento de Word está máis que demostrado que non é transparente nin funcional e categorías como persoal xerocultor e PSX aínda non saben cando poderán pasar a ser chamadas polas listas de contratación temporal da Xunta ademais de poder inscribirse, situación que suporá problemas nas coberturas nos centros.

Tamén se comenta na comisión de persoal a situación de desleixo do xefe de persoal do Consorcio que teletraballa varios días á semana, que non resposta ás chamadas nin aos correos electrónicos. Entre outros problemas, non se están aplicando os trienios nin executando as sentenzas firmes.

A DXEP informa que están traballando para incluír estas dúas categorías ao decreto de listas e que no caso desta interinidade preguntará o sucedido e informará así como contactarán co Consorcio para poder máis información.

Mesa de negociación do Persoal non docente

Dende a CIG reclamamos que se faga o posible establecer unha data XA para esta mesa así como a futura negociación da RPT.
A DXEP di que falarán coa Consellería de Educación para ver se é posible marcar data…

Carreira Profesional

Preguntamos cando se van resolver todas as solicitudes. A DXEP di que están resoltas o 87% das presentadas.

Outras novas recentes

Mércores, 01 Abril 2026

Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores: apertura da elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 01/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Martes, 31 Marzo 2026

RPT bioloxía e cc. do mar; Fogga; Vivenda (para MSF 07/04/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o martes 07/04/26, coa seguinte Orde do día: 1. RPT que modifica 3 postos de bioloxía e ciencias do Mar. Descargar 2. RPT de Fogga. Descargar 3. RPT da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Descargar Para...
Xoves, 09 Abril 2026

Aprobadas as oposicións de vixilancia estradas-mobilidade

Asistimos á Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, na que quedou aprobada a convocatoria do proceso selectivo de vixilancia de estradas e mobilidade (C1). PROCESO SELECTIVO VIXILANCIA DE ESTRADAS E MOBILIDADE A proposta inicial da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) consistía nun proceso coa forma de oposición na que non respectaban os...