Máis que CIG-Autonómica
A primeira mobilización está convocada para o venres día 9, ás 11:00 horas, diante do SERGAS

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI-F, UGT, FEP-USO, SAE, CGT, SATSE e STAJ, reuníronse esta mañá para analizar e debater sobre as novas actuacións a levar a cabo, en relación ás mobilizacións de contestación á Lei de Medidas para o Emprego Público imposta polo goberno da Xunta do PP.

Na xuntanza acordaron levar ás reunións das Mesas Sectoriais que se convoquen, a partir de agora, para explicar a Administración a aplicación desta Lei, unha postura única de esixencia de información e documentación sobre a aplicación das medidas e rexeitamento das mesmas. É dicir, trasladar ás Mesas Sectoriais a mesma posición de unidade sindical que se tivo nas reunións previas de Mesa Xeral.

Durante as semanas do 5 ao 9 de marzo e do 12 ao 16 de marzo, convocar mobilizacións de delegados e delagadas de arroupe desa postura diante dos edificios onde se realicen as distintas reunións de Mesas Sectoriais, mantendo a unidade de acción de protesta por estas medidas.

Nomeadamente, e en vista da convocatoria de Mesa Sectorial de Sanidade para o venres 9 de marzo ás 11 h, convócase concentración diante da sede do SERGAS nesa data e hora.

Xunto a isto, decidiron Intensificar o traballo de difusión e información nos distintos centros, explicando as aplicacións que se vaian anunciando e animando ao persoal a participar nas mobilizacións que se convoquen.

Asembleas o 22 de marzo

Tamén acordaron convocar, para o 22 de marzo, Asembleas e Concentracións nos grandes edificios administrativos, xulgados e hospitais de referencia das áreas sanitarias (os mesmos lugares que nas concentracións do día 6) ás 11:30 hs.

Outras novas recentes

Luns, 20 Marzo 2023

Acordo "biólogos/as de zona", RPTs (Mar e Política Social), modificación equivalencias funcionarización (para CP e MX 22/03/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal e outra da Mesa Xeral de Empregados Públicos que serán o mércores 22/03/23, coas seguintes ordes do día: Comisión de Persoal Proposta de acordo entre a Consellería do Mar e as organizacións sindicais sobre as condicións de traballo de prazas adscritas aos servizos periféricos (biólogos/as...
Luns, 20 Marzo 2023

Plan de Igualdade da Xunta de Galiza: remisión da enquisa a todo o persoal

A elaboración dun Plan de Igualdade conta con diferentes fases reguladas na correspondente normativa como son o Compromiso da organización (que foi publicado neste mes) e a Elaboración da Diagnose (que necesita da recollida de datos cuantitativos e cualitativos (enquisa) para poder avaliar as carencias e propor solucións). Estas fases son necesarias para poder elaborar o...
Venres, 17 Marzo 2023

EGAP: cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

A EGAP publica no DOG do 17/03/2023 a Resolución pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da...