Traballadores e traballadoras dos xulgados de Vigo recibiron, na mañá do mércores 19 de setembro, cunha sonora pitado e berros contra os recortes dereitos laborais e nos servizos públicos, ao Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, durante o acto para formalizar a existencia do centro de mediación familiar.
O persoal acompañou ao titular do departamento autonómico durante a súa chegada e percorrido até a sala de reunións onde ía ter lugar o acto, até que finalmente se ameazou aos traballadores co desaloxo por parte da policía.
Dende a CIG lamentamos a falta de solidariedade do xuíz decano e a fiscalía co resto do persoal, porque “todos eles tamén son empregados con soldo do erario público”. Con esta acción, os traballadores/as querían amosar, unha vez máis, o descontento xeneralizado que existe por mor dos continuados ataques aos dereitos laborais e sociais e contra o desmantelamento e privatización dos servizos públicos.